18 de diciembre de 2014

Visita inesperada

Hoxe fomos a moitos sitios. 
Os de primeiro ensináronnos unha técnica de ler libros nova: O Kamishibai. Con esa técnica nos contaron un conto titulado: O Apalpador. O coñecedes ? Vouvos resumir a historia: O Apalpador era un home xigante. Levaba roupa vella e fumaba unha pipa de madeira que fixera el mesmo. Cada mes de decembro o Apalpador saía da súa casa na montaña e ...

Cando os de primeiro se foron  preparámonos para encamiñarnos ao Asilo.No Asilo cantamos villancicos en dúas salas. Alí había moitos anciáns. Cando nos escoitaron os anciáns puxéronse moi alegres. Despois vimos un Belén moi grande e...  ata se movía!.
Autores: Jose Ramón, Dani e Aitana

11 de diciembre de 2014

Verbas de Luz

Preparando o Nadal enchemos a árbore que nos recibe na chegada a clase con verbas que nos fan sorrir, que nos recordan que somos persoas intelixentes, amables, cariñosas, positivas ... e que enchen de luz o noso arredor.

5 de diciembre de 2014

Celebrando a Constitución e o Estatuto

Hoxe, todos os nenos e nenas do colexio Magariños celebramos o Día do Estatuto e da Constitución. Cada clase leu un artigo.Uns dos máis importantes léronos os de 4º e os de 6º. O artigo 47 da Constitución di que todos os españois teñen dereito a ter casa para vivir. O artigo 28 do Estatuto di que é competencia da Comunidade Autónoma galega o desenvolvemento lexislativo (redacción das leis). O artigo 111 da Constitución di que calquera membro do Goberno está obrigado a responder preguntas nas Cámaras (nós simulamos facer preguntas das que se lle farían ao Presidente). Os de primeiro axitaron as bandeiras: os de A, as bandeiras de Galicia, e os de B, as bandeiras de España. Tiñan cartolinas co número 1978 porque foi o ano no que se aprobou a Constitución española. Ao rematar volvemos a clase. Fixemos unha parada de tres minutos para  ver que aprendimos e poñer o que queremos para mellorar o próximo ano, como ter un micro con máis cable para que chegue a todos, colgar unha pancarta coa bandeira española e coa bandeira galega ou facer pulseiras coas bandeiras para regalarlles aos afillados.
Autores: Román e Miguel

27 de noviembre de 2014

Padriños e madriñas lectoras

Os alumnos de 4ºA son os padriños e madriñas lectores dos alumnos de 1º A. Na primeira actividade que fixeron xuntos foi presentarse e escoller afillados e afilladas.

No blogue de 1ºA podedes ver as fotos dese primeiro día.

Pincha aquí para acceder ao blogue de 1ºA


25 de noviembre de 2014

Cálculo mental rápido de divisións

Para que practiquedes na casa o cálculo mental rápido de divisións podedes clicar nesta ligazón:
http://genmagic.net/repositorio/displayimage.php?pos=-181  Tendes que clicar en "Imprimir  ejercicios" e teredes unha ficha igualiña á que vos poñemos na clase. Tamén podedes facelo directamente no ordenador se clicades en "Iniciar/ Start".