19 de junio de 2015

Festival de fin de curso

Unhas merecidas vacacións

Chegou o final do curso. Un curso moi intenso que se vai con mil experiencias vividas.
Agora toca un merecido descanso e disfrutar do verán e da familia, dos xogos e dos amigos.
Pero queda tempo para todo, así é que aquí cos deixo as recomendacións para este verán.

18 de junio de 2015

A expedición arqueolóxica

Co arqueólogo municipal, Ángel Acuña: Falounos dos estudios, das ferramentas necesarias, dos restos arqueolóxicos, contounos anécdotas e historias curiosas e amosounos ósos de diferentes animais e outros restos atopados polos arqueólogos.
Logo fixemos a esperada visita por Cambados cos nosos afillados e fómoslle contando a historia do noso pobo. Empezamos o percorrido achegándonos ao Pazo de Fefiñáns:

Merendamos en Exposalnés:
Chegamos ao pazo de Montesacro, onde está o Asilo


E chegamos ao ansiado destino: A Torre de San Saturniño




A Prehistoria

O equipo "Mellores" quixo representar a vida na Prehistoria tanto no Paleolítico como Neolítico e fíxoo con figuriñas de plastilina. Que ben souberon contar a historia! Perdón ... a Prehistoria.



A idade Antigua

O equipo "Tartarugas" sorprendeunos cunha pequena representación sobre Xulio César e Cleopatra para ambientarnos na época Antiga. Fixérono xenial. Noraboa aos actores e actrices.





A lenda de Sleepy Holow contada polos maiores do instituto.

Viñeron os nosos compañeiros do IES Ramón Cabanillas coa súa profesora Begoña e a orientadora Isabel e representaron para nós a lenda de "Sleepy Holow" ou "O xinete sin cabeza". Fixérono moi ben!

16 de junio de 2015

Practica coas provincias españolas

Provincias

Hoxe,día 16 de xuño estiven na miña clase facendo moitas cousas de provincias.Primeiro  a profe Rosa preguntounos a todos os da clase quen querría facer o exame das provincias e empecei eu.Cando rematei levantei a man e os do grupo Artistas fliparon porque dixeron que rematei moi deprisa.


Logo a profe díxome que fixera este texto e,naquí estou. Despois Sabela S. pediume o boli azul para facer o exame das Comunidades autónomas porque ela non o trouxo.Cando me devolveu o boli preguntoume se podía collelo outra vez porque dixo que o boli lle da boa sorte.


Díxome iso porque cando usou o meu boli para o outro exame,sacou un 10 e o que tiña que facer a continuación era o das 50 provincias. Non entendo por qué aos da miña clase,mellor dito a maioría,l les da tanto medo o exame das provincias,a min paréceme fácil,cando estudas,claro. Cando lle dixen a Raúl que o exame pareceume fácil, puxo unha cara de sorpresa que pareceu que vira a un zombie con tutú comendo sesos.


Cos ordenadores Abalar:


Ao principio de todo fomos a coller os ordenadores para logo usalos.

Fomos á clase de 5ºA para collelos,pero eu cría que Carla,Ricar e os demais nenos e nenas estarían alí cando íamos a coller os ordenadores e non estaban.


Estivemos practicando as provincias para o exame e Cristian axudoume a xogar. Ademais no xogo había 4 niveles para colocar as provincias e eran moi fáciles.

Paseino moi ben.


Autora: Aitana


5 de junio de 2015

Barosa

Esta semana fomos aos Muiños de Barosa e así o viviron os nosos rapaces.



Fomos no autobús cantando.
Nós chegamos alí con moitas ganas. Despois deixamos as mochilas e repartironos en 4 grupos.

Máis tarde estivemos vendo a fariña e o trigo. Tamén a tocamos.Era moi suuuave!


Cando acabamos fomos ao muiño e Kathia e Eloy moveron unha pedra de 700Kg.Tamén nós contaron unha historia.Queredes sabela? Contáronos que os mozos  e mozas  ían aos  muiños a moer o trigo. Mentres esperaban...sabedes que facían? Ligaban, coma a fariña ao trigo.


Cando acabamos fomos ao forno de pedra.Tamén nós ensinou uns utensilios.


Despois estivemos merendando magdalenas, galletas, chocolate quente...Enchémonos ata as orellas.
Para rematar fixemos pizzas,  trenzas, bolos...

Despois volvemos cun bolo por cabeza.
 
 Autor: Daniel

15 de mayo de 2015

Celebramos as Letras Galegas

Seguimos cos nosos periodistas. Quen mellor pode contarvos o que pasa no colexio. Algúns prefiren relatalo na intimidade do seu diario, pero fano moi ben.