19 de diciembre de 2014
18 de diciembre de 2014
Visita inesperada
Hoxe fomos a moitos sitios.
Os de primeiro ensináronnos unha técnica de ler libros nova: O Kamishibai. Con esa técnica nos contaron un conto titulado: O Apalpador. O coñecedes ? Vouvos resumir a historia: O Apalpador era un home xigante. Levaba roupa vella e fumaba unha pipa de madeira que fixera el mesmo. Cada mes de decembro o Apalpador saía da súa casa na montaña e ...
Cando os de primeiro se foron preparámonos para encamiñarnos ao Asilo.No Asilo cantamos villancicos en dúas salas. Alí había moitos anciáns. Cando nos escoitaron os anciáns puxéronse moi alegres. Despois vimos un Belén moi grande e... ata se movía!.

Autores: Jose Ramón, Dani e Aitana
11 de diciembre de 2014
Verbas de Luz
Preparando o Nadal enchemos a árbore que nos recibe na chegada a clase con verbas que nos fan sorrir, que nos recordan que somos persoas intelixentes, amables, cariñosas, positivas ... e que enchen de luz o noso arredor.
5 de diciembre de 2014
Celebrando a Constitución e o Estatuto
Hoxe, todos os nenos e nenas do colexio Magariños celebramos o Día do Estatuto e da Constitución. Cada clase leu un artigo.Uns dos máis importantes léronos os de 4º e os de 6º. O artigo 47 da Constitución di que todos os españois teñen dereito a ter casa para vivir. O artigo 28 do Estatuto di que é competencia da Comunidade Autónoma galega o desenvolvemento lexislativo (redacción das leis). O artigo 111 da Constitución di que calquera membro do Goberno está obrigado a responder preguntas nas Cámaras (nós simulamos facer preguntas das que se lle farían ao Presidente). Os de primeiro axitaron as bandeiras: os de A, as bandeiras de Galicia, e os de B, as bandeiras de España. Tiñan cartolinas co número 1978 porque foi o ano no que se aprobou a Constitución española. Ao rematar volvemos a clase. Fixemos unha parada de tres minutos para ver que aprendimos e poñer o que queremos para mellorar o próximo ano, como ter un micro con máis cable para que chegue a todos, colgar unha pancarta coa bandeira española e coa bandeira galega ou facer pulseiras coas bandeiras para regalarlles aos afillados.
Autores: Román e Miguel
4 de diciembre de 2014
28 de noviembre de 2014
27 de noviembre de 2014
Padriños e madriñas lectoras
Os alumnos de 4ºA son os padriños e madriñas lectores dos alumnos de 1º A. Na primeira actividade que fixeron xuntos foi presentarse e escoller afillados e afilladas.
No blogue de 1ºA podedes ver as fotos dese primeiro día.
Pincha aquí para acceder ao blogue de 1ºA
No blogue de 1ºA podedes ver as fotos dese primeiro día.
Pincha aquí para acceder ao blogue de 1ºA
25 de noviembre de 2014
Cálculo mental rápido de divisións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)