Diario de 4ºB

Venres, 10 de xuño de 2015

Coñecemento do Medio:Provincias de España. Ánimo que xa queda menos!!!

Interdisciplinar: Pensamos nunha coreografía para acompañar aos nosos Artistas na actuación de fin de curso.

Martes, 9 de xuño de 2015

Coñecemento do Medio: Repasade as tres funcións vitais, ou os catro procesos que interveñen na nutrición de calquera ser vivo, as etapas da nutrición nas plantas ou nas persoas... Nos ecosistemas, tendes que recordar os tres elementos que o forman, o tipo de relacións que se establecen, como conservalos e polo tanto como habemos de facer para reciclar, en que contedor se tira cada tipo de lixo. Tocante á materia e enerxía non podedes confundir os tipos de materia, as súass propiedades ou as tres características principais da luz. Na historia recordadedes as cinco idades da historia e os feitos máis significativos de cada unha delas. Do relevo saberedes os datos máis salientables de Galicia, as comunidades e lindes de España, as provincias españolas, a diferencia entre municipio e localidade ....

Matemáticas: Practicade as divisións, repasade as táboas, fraccións, decimais, o tempo e as moedas... O xoves  faremos a proba final.
 

Luns, 8 de xuño de 2015

Matemáticas: Exercicios de repaso




Venres, 5 de xuño de 2015

Avaliación de competencias: A vindeira semana faremos probas de competencia en todas as áreas. É o momento de repasar aspectos que vimos por primeira vez este ano e que son claves para ter un bo desenvolvimento en cursos vindeiros.

Toca repasar:

 Divisións entre dúas cifras, cambio de unidades no sistema métrico decimal, cálculo da fracción dun número, suma e resta de números decimais, manexo do diñeiro e do tempo, as figuras planas, os ángulos e a súa medida.... no que respecta ás matemáticas.

Nas linguas teredes que analizar unha oración con dez palabras nas que aparecerán preposicións, conxuncións, adverbios, pronomes ... Teredes que identificar o suxeito e o predicado, identificar prefixos e sufixos, palabras derivadas, polisémicas compostas...  e, por suposto, realizar unha composición escrita cun mínimo de 12 líneas estructuradas en tres parágrafos perfectamente puntuados e sin faltas de ortografía en calquera tipo de texto: noticia, diario, carta, solicitude, pregón, conto, exposición, descrición ... Luns faremos un novo dictado das 100 palabras de uso frecuente en castelán con dificultade ortográfica. Non podedes cometer máis de 20 erros, ou máis de tres se aspirades a un sobresaliente. En xeral todos ledes moi ben, pero teredes que demostrar que tamén comprendedes perfectamente o que estades lendo. Esta semana fixemos as exposicións orais e xa se nota moito o que melloráchedes. Noraboa a todos/as.

En relación ao coñecemento do medio non podedes esquecer as tres funcións vitais, ou os catro procesos que interveñen na nutrición de calquera ser vivo, as etapas da nutrición nas plantas ou nas persoas... Nos ecosistemas, tendes que recordar os tres elementos que o forman, o tipo de relacións que se establecen, como conservalos e polo tanto como habemos de facer para reciclar, en que contedor se tira cada tipo de lixo. Tocante á materia e enerxía non podedes confundir os tipos de materia, as súass propiedades ou as tres características principais da luz. Na historia recordadedes as cinco idades da historia e os feitos máis significativos de cada unha delas. Do relevo saberedes os datos máis salientables de Galicia, as comunidades e lindes de España, as provincias españolas, a diferencia entre municipio e localidade ....

Xoves, 4 de xuño de 2015

Matemáticas: Ficha: Terminade os exercicios de reforzo sobre o Sistema Métrico Decimal en unidades de medida de capacidade e masa.

Coñecemento do Medio: Estudiade para o exame de mañá. Historia, que é a historia, as fontes históricas, as cinco etapas cos acontecementos que marcan o inicio e final de cada unha, feitos máis importantes ...


Mércores, 3 de xuño de 2015

Matemáticas: Ficha: "Mejoro mis competencias". Recortade e pegade os enunciados. Resolvedeos na libreta.

Coñecemento do Medio: Repaso do mapa físico de Galicia e do mapa político de España (Autonomías e lindes). Estudiamos os dous temas de historia para o control do venres.

Martes, 2 de xuño de 2015

Galego: Texto de formato libre: "Barosa". Conterá información sobre a excursión a Barosa na que teremos un mínimo de tres parágrafos, doce líneas e un apartado final coa valoración.


Luns, 1 de xuño de 2015

Coñecemento do Medio: Táboa comparativa sobre as diferentes etapas da historia. Entregarédelas o mércores. Aqueles alumnos que non me entregaron o mapa de Galicia do control ou os que queiran mellorar a súa nota,  o mércores repetirán o mesmo: 5 rías, 5 ríos, 5 montes ou serras, 4 provincias galegas e Cambados, lindes de Galicia. (Perfectamente ubicadas no mapa)

Interdisciplinar: Visita aos Muiños de Barosa. Traede viseira, roupa cómoda, auga, unha libretiña pequena e bilígrafo para anotar.


Venres, 27 de maio de 2015

Galego: Melloramos o texto. Reescritura do texto sobre Chema Heras acorde aos mínimos establecidos para o nivel de 4º: Información estruturada en tres parágrafos, 12 líneas, puntuación correcta. Textos cun mínimo de 8-9 oracións e cada unha deleas ha de ter arredor de 8 palabras. Non iniciamos as oracións coa conxunción "e". Utilizamos sinónimos e pronomes para evitar as repeticións de sustantivos ou verbos. Os escritos preséntanse coa correspondente marxe e limpeza. Non presentamos escritos con tachaduras, correccións (nin siquera de tipex). Finalmente coidade a ortografía: uso de acentos gráficos, v-b, mp-, mb-, maiúscula nos nomes propios, nos títulos dos lñibros...

Xoves, 26 de maio de 2015

Matemáticas: Rematade os exercicios de matemáticas. Anotade o tempo de inicio dos exercicios e o tempo no que rematades e calculsde o tempo.

Coñecemento do Medio: Estudiade  o nome e situación das Comunidades Autónomas. Mañá teremos un breve control no que teredes que situalas no mapa de España.

Castellano: Estudiad de nuevo las clases de palabras, con sus respectivos ejemplos, los tipos de determinanates y las formas verbales. Mañana repetiremos la prueba de control en la que tendréis que analizar morfológicamente las diez palabras de una oración.

Mércores, 25 de maio de 2015

Galego: Escribide unha noticia co correspondente titular, ilustración, periodista e lugar, e con información sobre as cuestións claves (CCC O QQQ); ou ben unha páxina do diario (data e encabezado). Recordade que a noticia se relata en pasado e 3º persoa e o diario pode ir en presente ou pasado e sempre se escribe en primeira persoa incluíndo descriión de sentimentos e valoración persoal. O tema "A visita de Chema Heras".

Coñecemento do Medio: Estudiade  o nome e situación das Comunidades Autónomas. O venres teremos un breve control no que teredes que situalas no mapa de España.

Castellano: Estudiad de nuevo las clases de palabras, con sus respectivos ejemplos, los tipos de determinanates y las formas verbales. Es viernes repetiremos la prueba de control en la que tendreis que analizar morfológicamente las diez palabras de una oración.


Martes, 24 de maio de 2015

Matemáticas: Práctica da división entre dúas cifras.

Castelán: Práctica de ortografía.

Coñecemento do Medio: Ler o tema 10 completo e aprender o nome e situación das Comunidades Autónomas.


Luns. 23 de maio de 2015

Matemáticas: Práctica da división entre dúas cifras.

Castelán: Práctica de ortografía.

Coñecemento do Medio: Informe: Proposta de visita do pobo de Cambados cos nosos afillados, percorrendo os edificion máis importantes e relacionandoos coa época histórica na que foron construidos.


Venres, 22 de maio de 2015

Coñecemento do Medio: Lectura do tema 9 completo.

Xoves, 21 de maio de 2015

Matemáticas: Resolvede as catro divisións propostas e facede a proba para comprobar que a tendes ben.



Mércores, 20 de maio de 2015

 Matemáticas: Practicas as divisións entre dúas cifras e aprender o sistema métrico decimal.


Coñecemento do Medio: Preparade nun folio o mapa mental da etapa da historia que lle tocou ao voso equipo. Imos preparando tamén os materiais que poidamos precisar para o traballo da época histórica que nos corresponde a cada equipo.

Interdisciplinar: Buscamos folletos turísticos e información sobre Cambados e pensamos nun itinerario a seguir para levar de paseo aos nosos afillados e irlles explicando os monumentos importantes. Debemos aproveirar para repasar a época histórica na que se construíron. 


Martes, 19 de maio de 2015

Matemáticas: Practicas as divisións entre dúas cifras e aprender o sistema métrico decimal

Inglés

Música 

Coñecemento do Medio: Imos preparando os materiais que poidamos precisar para o traballo da época histórica que nos corresponde a cada equipo.
 

Luns, 18 de maio de 2015

Castellano: Estudiar la ortografía de las 100 palabras más frecuentes del castellano.

Matemáticas: Estudiar las unidades del sistema métrico decimal.


Venres, 15 de maio de 2015. Celebramos as Letras Galegas

Galego: Noticia "Celebramos o Día das Letras Galegas". Estudiade para o exame do luns

Castellano: Estudiade e practicade ben as 100 palabras de ortografía básica que leváchedes nos sobres. O luns faremos o dictado.


Xoves, 14 de maio de 2015

 Galego: Escribide unha lenda. Tendes que entregala o luns. Estudiade para o exame do tema 9 que faremos o luns.

Castellano: Estudiad para el examen de mañana.


Mércores, 13 de maio de 2015

Galego: Noticia ou diario: Teatro para celebrar as Letras Galegas.

Matemáticas: Estudiade que mañá temos exame. Acordádevos de repasar as táboas e practicar a división entre dúas cifras, o cálculo da fracción dun número, o paso de números decimais a fraccionarios, por suposto o manexo das moedas e o control do tempo.


Martes, 12 de maio de 2015 

 Matemáticas, Castellano e Inglés: Estudiade. Recordade que a etapa de repaso irá acompañada da de memorización, e hai que repetir, repetir e repetir. Ademais de entendelo temos que aseguralo de que sabemos expresar correctamente o aprendido oralmente e por escrito. En matemáticas toca practicar moito ata non cometer erros. Ánimo. Ides facelo moi ben.

Coñemento do Medio: Ide rematando os exercicios que tendes que entregar este venres.


Luns, 11 de maio de 2015

Matemáticas: Rematade as divisións da libreta e resolvede os catro problemas da ficha de competencias. Podedes recortar e pegar o enunciado no caderno. Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios así como o tempo que tardáchedes en resolvelos. Na ficha do xogo da NASA anotade a diferenza entre as vosas puntuación e as da NASA na columna A, e as do voso grupo e as da NASA na columna B. Logo sumade os puntos da columna A e finalmente os puntos da columna B.

Venres, 8 de maio de 2014

Castellano: Terminamos el análisis morfológico. Estudiad las clases de palabras y las tres conjugaciones verbales. El próximo viernes haremos un examen de estos aspectos.

Matemáticas: Escribimos a hora de inicio da redacción de cada unha das cartas e a hora de final. Calculamos o tempo transcurrido na redacción de cada unha delas. Repasamos o tempo e as moedas, decimais e fraccións. O vindeiro xoves teremos o exame.


Xoves,  7 de maio de 2015

Galego: Escribimos unha carta de solicitude á directora na que expresamos os motivos polos que solicitamos unha nova saída ao supermercado. Esta carta ha de reunir os seguintes requisitos: lugar e data, encabezamento, presentación, motivos que xustifican a solicitude, solicitude, saúdo e sinatura. Como calquera texto de 4º ha de ter un mínimo de 12 líneas, tres parágrafos, 7-8 oracións de 7-8 palabras cada unha con corrección ortográfica. Ha de estar escrita en 1º persoa do singular ou do plural e poderán empregarse verbos en presente, pasado e condicional. Podedes engadir un pequeno debuxo.
Tamén tendes que escribir unha carta de agradecemento ao señor director da Escola Municipal de Música por ternos invitado a asistir ao excelente concerto didáctico que interpretaron hoxe os alumnos desta Escola e os seus profesores. Podedes engadir un pequeno debuxo.

Matemáticas: Escribimos a hora de inicio da redacción de cada unha das cartas e a hora de final. Calculamos o tempo transcurrido na redacción de cada unha delas.

English.

Mércores, 6 de maio de 2015

 Matemáticas: Problemas de tempo? Recortade e pegade o enunciado. Escribide os datos e a resposta. Os cálculos podedes realizalos mentalmente e nos tendes que escribilos. Anotade no marxe a hora á que empezades e a hora á que rematades. E calculade o tempo que tardáchedes en facer o traballo.



Martes 5 de maio de 2015

Coñecemento do Medio: Escribimos o índice dos temas de historia na libreta e imos respondendo aos exercicios do tema. Recollerei as libretas o vindeiro venres día 15.

Xoves, 30 de abril de 2015. Festa do maio

Matemáticas: Ficha de repaso de reloxios e da medida do tempo.

Galego: A vindeira semana tendes que entregar o libro para os afillados.

Mércores, 29 de abril de 2015

GalegoTexto informativo: A noticia. Escribide unha noticia sobre "O escritor Xosé Luna no colexio Magariños". Toda noticia ha de responder a un mínimo de seis preguntas (CCC O QQQ, ou, como xa sabedes, falará de que, cando, onde, como,  porqué ... ocorreu a nova que contades ...). Terá que ir acompañada dunha imaxe. E como calquera texto de 4º constará dun mínimo de doce líneas e de tres párrafos separados polo punto e aparte. As oracións terán de 7 a 8 palabras. Lede sempre o que escribides, frase a frase para manter a coherencia e a  cohesión necesaria. Non repitades substantivos ou adxectivos (usade sinónimos). Recordade que un periodista relata en 3ª persoa e utiliza prioritariamente o pretérito perfecto ou imperfecto porque relata o que ocurriu no pasado. Adiante, meus queridos periodistas. Ides facelo moi ben!

Martes, 28 de abril de 2015

Coñecemento do Medio: Páxina 145, debuxade e coloreade nun folio as etapas da historia cos sucesos máis importantes que ocorreron.


Luns, 27 de abril de 2015

Galego:  Vocabulario. Páxinas 150 e 151; exercicios 5, 6, 7, 8 e 9. Anotade canto tempo tardades en facer os exercicios. Aprendede o que son os xentillicios.


Venres, 24 de abril de 2015

Galego: Texto informativo: A noticia. Escribide unha noticia sobre calquera dos temas que revisamos hoxe na clase "Os afillados", "Batman", "O Día do Libro", "Os experimentos", "A árbore das emocións". Recordade que unha noticia ten o titular (e un subtítulo se queredes). Logo figura o nome do redactor e o lugar dende onse se redacta a noticia. Toda noticia ha de responder a un mínimo de seis preguntas (CCC O QQQ, ou, como xa sabedes, falará de que, cando, onde, como,  porqué ... ocorreu a nova que contades ...). Terá que ir acompañada dunha imaxe. E como calquera texto de 4º constará dun mínimo de doce líneas e de tres párrafos separados polo punto e aparte.

Xoves, 23 de abril: Día do Libro

Galego: Cómic de humor (en galego). Moitos escribíchedes o anterior en lingua castelá. Os que xa escribíchedes o cómic de humor en galego podedes redactar unha noticia sobre "O Día do Libro" no colexio Magariños e logo publicarémola no blogue. Recordade que tendes que presentar tamén os contos para os vosos afillados.

Coñecemento do Medio: Rematade os exercicios pois mañá tendes que entregar as libretas. Tamén mañá tendes que expoñer e presentar os vosos traballos sobre as estacións metereolóxicas.

Mércores, 22 de abril de 2015

Matemáticas: Problemas; recortades e pegades o enunciado  de cada problema na libreta. Anotades os datos, as operacións e a solución.

Coñecemento do Medio: O venres tendes que entregar as libretas e presentar os vosos proxectos cos informes correspondentes.

Música: Tendes exame de flauta do tema 4. Practicade.


Martes, 21 de abril de 2015

Galego: Ficha de repaso das clases de palabras e tipos de determinantes.

English


Luns,20 de abril de 2015

Galego: Preparade a cronolectura e a as actividades sobre a lectura (Non escribades nada, solo se trata de ler e comprobar que entendéchedes a lectura.

Coñecemento do Medio: Repasade a exposición oral sobre as excursións porque imos expoñela diante dos compañeiros de 4ºA


Venres, 17 de abril de 2015

Coñecemento do Medio: Memorizar e localizar nun mapa mudo de Galicia o nome dos cinco ríos principais, cinco serras e cinco rías. Podedes practicar xogando!

Mapas interactivos


Xoves, 16 de abril de 2015

Matemáticas: Ficha de repaso


Mércores, 15 de abril de 2015

Matemáticas: Ficha de repaso


Martes, 14 de abril de 2015

Coñecemento do Medio: Táboa dos climas de España (Clima, temperaturas, precipitacións e lugares de influenza) e Mapa Mental do tema completo.


Luns. 13 de abril de 2015

Galego: Páxina 34, exercicio 1; Páxina 136, exercicios 1, 3, 4, 5 e 6. Anotade canto tempo tardades en rematar. Acordádevos de ir rematando o conto para os afillados.

Castelán: Estudar os tempos verbais da 2ª conxugación.

Matemáticas: Seguide practicando a división de dúas cifras.


Venres, 10 de abril de 2015

Coñecemento do Medio: Preparamos o índice do tema 8 e todos os exercicios. Imos facendo uns poucos cada día. Hai que temos rematados dentro de quince días. Recollereinos o venres 24.


Xoves, 9 de abril de 2015

Matemáticas: Ficha de repaso de fraccións e números decimais.

Galego: Imos rematando o libro dos afillados. Hoxe lemos "O pingüin Lino" e "O polbiño Moradiño". Noraboa ás súas autoras.



Mércores, 8 de abril de 2015

Coñecemento do  Medio: Completar o mapa mudo de Galicia cos nomes dos ríos, serras, provincias e accidentes principais da costa. Aprender os nomes dos ríos, serras e  provincias que aparecen no mapa. Localizar o pobo de Cambados con rapidez.

Galego: Imos rematando o libro dos afillados. Hoxe lemos "A esquío Lilla" e a "Cebra Raia Negra". Noraboa ás súas autoras.


Martes, 7 de abril de 2015

Galego: Páxina 132, exercicios 2, 3 e 4. Estudiade que son as palabras derivadas.

Coñecemento do Medio: "Preparando unha estación metereolóxica". Imos estudiar o tempo atmosférico e precisamos instrumentos de medida: follas de rexistro de observacións diarias do ceo, un cataventos e un pluviómetro. Pensade como queredes facelo e...Mans á obra !
Veremos as vosas experiencias dentro de tres semanas. Recordade que tedes que elaborar un informe no que relatedes tanto o proceso de construción, o como vos organizáchedes, o que aprendéchedes e a bibliografía que consultáchedes.



Venres, 27 de marzo de 2015

Matemáticas. Facede unha división entre dúas cifrtas cada día.

English: Exercises,  Activity book. Next Tuesday we will do the exam.

Galego: Preparamos o conto para o noso afillado. So hai que escribir o texto (formato libro) e deixar un pequeno espazo en cada páxina para que debuxen os nosos afillados. Deixade marxe e utilizade as plantillas debaixo do folio.

Interdisciplinar: Pasádeo moi ben disfrutando destes días en familia. Aproveitade, se tendes tempo, para visitar en Exposalnés a mostra de pinturas de Mónica Mon.


Xoves, 26 de marzo de 2015

Interdisciplinar:Preparamos un ovo de Pascua para agasallar aos nosos afillados.

Mércores 25 de marzo de 2015

Matemáticas: Páxina 106. Repaso de fraccións. Anotade o tempo que tardades en rematar ( Jose R. tardou 40 minutos). Acordádevos de traer de novo os exames asinados.

Castellano: Repasade o que estivemos estudiando estes días en castelán. As formas e tempos verbais da primeira conxugación, as palabras rematadas en -aba, sufixos e prefixos, acentuación das palabras ... 


Martes, 24 de marzo de 2015

Castellano: Ficha para reflexionar sobre la lectura.



Luns, 23 de marzo de 2015

Galego: Estudiade para o exame de mañá.

Castelán: Ficha de repaso: Non tendes que entregala mañá. Podedes entregala o mércores.


Martes, 17 de marzo de 2015

 Matemáticas: Ficha de repaso de fraccións.

Coñecemento do Medio: Rematade o "Informe" sobre o experimento os que non o entregáchedes hoxe. Podedes argallar presentacións tan coidadas como a que hoxe nos presentou Sabela S, Dani ou Érika. Noraboa Sabela, noraboa rapaces.


Luns, 16 de marzo de 2015

Castellano: Terminad los ejercicios 4, 5, 6, 7, 8 y 9. Estudiad los verbos de la primera conjugación. Acordaos de colocar las tildes donde corresponda. Acordaos de anotaqr cuanto tardais en hacerlos. (Miguel los ha terminado en la biblioteca y ha tardado 15 minutos). Acordaos de escribir lo que tardáis cada uno de vosotros.

Coñecemento do Medio: Rematade o informe sobre o experimento. Hoxe vimos o que presentou Iria e que pode servirvos de modelo. Acordádevos de incluír un apartado sobre a bibliografía. O índice debería ter estes apartados: introdución, materiais, proceso, relación co tema, valoración, bibliografía, membros do equipo.

Xoves, 12 de marzo de 2015

Matemáticas: Ficha de repaso de fraccións (Mañá recólloas). Seguide practicando tamén a división entre dúas cifras.

Galego: Cómic en tamaño folio, so a unha cara, perfectamente coloreado. O tema é libre. Recordade a importancia do tipo de "bocadillos" que empregades e tamén de mimar a expresividade dos vosos personaxes. O tema escolledelo vós, como vos indiquei (Non esquezades o título),pero procurade poñer unha pequena dose de humor. Como no cómic que vimos na clase, podemos falar das cousas cotiás e aprenderemos a rirnos de nós mesmos e das nosas contradicións. Non tendes que entregalo ata o luns 16.

Coñecemento do Medio: Seguide preparando os exercicios do tema e o Informe do experimento. Non esquezades tampouco que tedes que planificar  "A mellor excursión" para propoñer en 5º.


Mércores, 11 de marzo de 2015

Coñecemento do Medio: Ides facendo os exercicios do tema 7 ao voso ritmo. Teñen que estar rematados na vindeira semana, o xoves 19.
Recordade que tedes que entregar o informe do experimento que preparáchedes sobre a materia e a enerxía. Como xa sabedes, no índice tendes que facer referencia a 4 apartados moi clariños que logo desenvolvedes: Materiais, Proceso de elaboración, Relación co Tema, Valoración persoal (do traballo realizado e do aprendido. Tendes que indicar tamén quen realizachedes o experimento, onde e como vos organizáchedes para facelo). O informe podedes entregalo calquera día ata o martes 17 (incluído). Como sempre coidade de forma exquisita a presentación, limpeza, claridade e a propia beleza do escrito. Por suposto habedes de presentalo en folio (valen de cores) e na escrita teredes coidado de usar plantilla debaixo. Revisade ben a ortografía (tildes incluidas). A portada será en folio ou cartolina e sobre o tamaño vos decidide o que prefirades.


Martes, 10 de marzo de 2015

Galego: Rematamos os exercicios da páxina 117 (7, 8, 9 e 10) sobre sufixos. Seguimos preparando carteis sobre as emocións para crear o "Emocionario" da aula.

Coñecemento do Medio:  Elaboramos o índice do tema 7.

Interdisciplinar:  "De excursión". En equipos tendes que planificar a excursión a un lugar de Galicia que propoñeríades para facer en 5º. Tendes que presentalo na clase o mércores 25 de marzo. Pensade que podedes presentalo en libriño, en folleto tipo turístico, en cartolina ou en power point. Tendes que facer referencia a montes e ríos que imos ver no camiño, indicar as paradas do percorrido, o motivo, os lugares de interese ... Tendes que planificar o custe total e o que tería que pagar cada  neno. Que se inclúe no prezo. Tedes que falar do interese do percorrido e do destino, facendo referencia a monumento a visitar (e o posible custe, horarios ...), festas propias do lugar, lugares para comer ou parar a tomar un descanso ... Toda a información ten que ter un índice inicial moi ordenadiño con cada parte a desenvolver ( no inicio) e ha de rematar coa referencia bibliográfica dos libros, materiais ou páxinas de internet consultadas. Tamén podedes facer referencia nun informe aos aspectos relacionados coas toma de decisións: onde vos reuníchedes, cantas veces, quen vos acompañou, como escolléchedes o lugar, as dificultades que vos atopáchedes ...)


Luns, 9 de marzo de 2015

Galego: Lemos as páxinas 114, 115 e 116. Pensamos nas respostas a cada unha das actividades e asegurámonos de que son correctas relendo a lectura se é preciso. Preparamos a cronolectura nas páxinas 126 e 129. Podemos seguir preparando preciosos poemas de creación propia para participar no concurso "O latexo das verbas". Ánimo a todos.

Matemáticas: Seguimos practicando a división entre dúas cifras.

Interdisciplinar: Preparamos un cartel tamaño folio ou cuartilla coa palabra que indique a EMOCIÓN que queremos compartir coa clase. Temos que facela con letras dobres e coloreala.


Venres, 6 de marzo de 2015

Castellano: Solicitud a la directora. Escribís en un folio una carta de solicitud a la directora del centro de algún aspecto que os parezca importante mejorar en el colegio y explicáis el motivo de vuestra solicitud.  Llevais, como apoyo,  un texto en el que os recuerdan las partes que ha de contener unha solicitud. Leedla con calma y acordaos de tener presente esos criterios  ala hora de redactar vuestra solicitud. Como siempre, ha de estar bien presentada y sin faltas de ortografía.
Tambien teneis que estudiar lo que hemos estudiado estos días para el examen del lunes: sufijos, palabras con -aje, -eje, como hacer una solicitud o un pregón, el número y la persona en los verbos, las conjugaciones ... 

Xoves, 5 de marzo de 2015

Coñecemento do Medio: Preparade o exame para mañá. Podedes axudarvos para estudiar do mapa mental que tendes elaborado.

Mércores, 4 de marzo de 2045

Matemáticas: Prácticade coa división de dúas cifras intentando recordar e verbalizar o proceso. Mañá  temos o exame. Ademais das divisións de unha e dúas cifras repasaremos as rectas, ángulos, figuras planas e, como sempre, o reloxio e as moedas.

Coñecemento do Medio: Preparade o exame para o venres. Podedes axudarvos para estudiar do mapa mental que tendes elaborado. 

Galego: Mañá temos o exame. Acordádevos dos adxectivos rematados en -avo, eve, -ave ..., do vocabulario relacionado coa casa, de como recoñecer aos adxectivos ....

Inglés: Mañá tedes o control


Martes, 3 de marzo de 2015

Matemáticas: Prácticade coa división de dúas cifras intentando recordar e verbalizar o proceso. Mañá repasarémolo na clase. Recordade que o xoves temos o exame. Ademais das divisións de unha e dúas cifras repasaremos as rectas, ángulos, figuras planas e, como sempre, o reloxio e as moedas.

Coñecemento do Medio: Preparade a exposición oral de dous minutos. Sabedes que podedes ter como apoio o mapa mental que fixéchedes a semana pasada e que vos propuxéchedes mellorar. 


Luns, 2 de marzo de 2015

Galego: Páxinas 104 e 105, exercicios 1, 2, 3, 4 e 5. Teremos o exame o xoves.

Castellano: Ficha de repaso. Tendremos el examen el lunes.


Venres, 27 de febreiro de 2015

Castellano: En un folio, con la pauta debajo, prepara un pregón para anunciar las fiestas. Termina los ejercicios sobre sufijos que hemos empezado en clase.

Coñecemento do Medio: Mellorade os mapas mentais sobre "A materia e a enerxía". Dádelle unha ollada ao de Pedro, pero acordádevos de que tamén nese había algunhas cousiñas a mellorar. Seguro que vos quedará precioso, clariño e moi fácil de seguir para facer unha boa exposición. Tende en conta o que revisamos en clase e completade todo o que é imprescindible para que logo poidades facer a exposición oral.



Xoves, 26 de febreiro de 2015

Matemáticas: Rematade o  problema. A vindeira semana faremos o exame das divisións, moedas e billetes, reloxio, ángulos, rectas  e  figuras planas (triángulos, cuadriláteros, paralelogramos).


Galego: Exercicios de repaso de adxectivos e prefixos. O vindeiro xoves faremos o exame.

Coñecemento do Medio: Mañá empeza a primeira sesión de experimentos. Na vindeira semana teremos as exposicións orais individuais de 2 minutos. Xa sabedes que podedes contar co mapa mental que tendes feito. O venres da vindeira semana faremos o exame. 


Mércores, 25 de febreiro de 2015

Matemáticas: Remata a división entre dúas cifras e fai a proba.

Coñecemento do Medio: Remata con debuxos o esquema que iniciamos na clase e constrúe nun folio o mapa mental do tema completo (Recollereino mañá)


Martes, 24 de febreiro de 2015. Día de Rosalía de Castro

Galego: Escribe un poema de Rosalía de Castro nun folio e debuxa o que representa. Escolle o que máis che guste. Sínteo intensamente.


Luns, 23 de febreiro de 2015 

Castellano: Ficha. Ejercicios de refuerzo de ortografía. Palabras terminadas en -aje, -eje.

Matemáticas: Revisar los ejercicios de triángulos, cuadriláteros y paralelogramos, comprobando las mediciones y haciendo las correcciones oportunas.



Venres, 20 de febreiro de 2015

Castellano: Redacción "De mayor quiero ser ..."

Matemáticas: Repaso de táboas.





Xoves, 19 de febreiro de 2015

Matemáticas: Ficha de repaso. Facemos as actividades propostas na libreta. Ides precisar regra e transportador de ángulos.

English: Workseet and Activity Book, pages 27 & 28 


Venres, 13 de febreiro de 2015. Festival de Entroido

Coñecemento do Medio: Despois de ler o tema de novo, escribide tres cuestións na libreta de aspectos relacionados con este tema que vos interese coñecer, investigar, descubrir ...

Matemáticas: Aprendede ben a táboa. A volta das vacacións de Entroido retomaremos a división entre dúas cifras.

Interdisciplinar: Pasamos a galego o conto que temos cada un en castelán. Unha vez revisado construiremos un bonito libriño para agasallar aos nosos afillados.


Xoves, 12 de febreiro de 2015

Galego: Xogando coa imaxinación: "Que pasaría si... desaparecese o colexio". O escrito presentarase nun folio. Recordade que debedes usar a plantilla raiada para escribir ben dereito e debedes tamén deixar as marxes correspondentes. Podedes ilustrar o relato cun pequeno debuxo

Castellano: Mañá temos o exame de lingua castelá: Preguntareivos polos verbos, os infinitivos e as conxugacións, polas palabras que empezan con hie- e hue- .... Tamén debedes ter ben aprendido o que é un poema, unha estrofa, un verso ...

Interdisciplinar: Mañá temos uns invitados moi especiais. Veñen os nosos afillados e imos celebralo cunha especial degustación das mellores orellas e filloas de Cambados. Así é que... "Mans á masa". Deixovos a ligazón ás receitas que escribíchedes o ano pasado. Seguro que as mellorades!!!

As nosas receitas de 3ºB


Mércores, 11 de febreiro de 2015

Matemáticas: Ficha de repaso

Martes, 10 de febreiro de 2015

Coñecemento do Medio: Lede o tema 6 completo (exercicios incluídos e pensade se sabedes responder a todas as preguntas). Logo escribides na líbreta o Índice do tema. (Fixádevos ben como fixemos na clase o índice do tema 5. Agora xa tendes que saber facelo soíños.

Matemáticas: Mañá faremos diverentes exercicios de repaso de todo o traballado ata agora e moi especialmente a numeración, as restas con levadas e a división entre unha cifra. Así é que repasade ben a táboa.

Luns, 9 de febreiro de 2015

Galego: Preparamos a cronolectura para mañá do tema 6 e todas as actividades de comprensión da lectura (Non hai que escribilas nin contestalas na libreta. So tendes que lelas e pensar a resposta a cada unha delas. Mañá farémolas na clase.)

Matemáticas: Estudiade os apuntamentos que tendes na libreta sobre os polígonos, clasificación de triángulos, paralelogramos e cuadriláteros.

Venres, 6 de febreiro de 2015

Galego: Rematade os exercicios. Estudiade ben o tema. Teremos o exame o luns

Castelán: Texto instructivo "Gorros de papel". En la libreta de lengua castellana escribís e l texto que podeis acompañar de ilustraciones. Recordad que en el texto han de aparecer dos partes bien diferenciadas: Materiales y Pasos a seguir.

Xoves, 5 de febreiro de 2015

Galego: Rematade os exercicios. Estudiade ben o tema. Teremos o exame o luns

Coñecemento do Medio: Estudiade o tema dos ecosistemas. Faremos o exame o venres.

Mércores, 4 de febreiro de 2015

Galego: Rematade os exercicios. Estudiade ben o tema. Teremos o exame o luns

Coñecemento do Medio: Estudiade o tema dos ecosistemas. Faremos o exame o venres. 


Martes, 3 de febreiro de 2015

 Matemáticas: Ficha de repaso de multiplicacións en línea.

Galego: Aprendede a canción de Entroido e ide pensando na coreografía.


Luns, 2 de febreiro de 2015

Matemáticas: Estudiade os ángulos, tipos de ángulos, como se miden co transportador ... Tamén as características de rectas, semirectas e segmentos, paralelas, perpendiculares e secantes, tipos de triángulos. Non vos esquezades de revisar o reloxio. O exame farémolo o mércores.

Coñecemento do Medio. Preparade ben as exposicións orais para mañá.


Venres. 30 de xaneiro de 2015. Día da Paz

Matemáticas: Estudiade os ángulos, tipos de ángulos, como se miden co transportador ... Tamén as características de rectas, semirectas e segmentos. O exame farémolo o mércores.

Coñecemento do Medio. O luns tendes que entregar os informes que faltan e preparade ben as exposicións orais.

Interdisciplinar. Distrutade dun día de paz e descanso.


Xoves, 29 de xaneiro de 2015

Matemáticas: Construíde as táboas de multiplicar ata o 10 nunha táboa de doble entrada.

Coñecemento do Medio. Rematade o informe sobre o proxecto. Mañá tendes que entregalo.

Interdisciplinar:Repasade as tres cancións para mañá, Día da Paz.


Mércores, 28 de xaneiro de 2015

Matemáticas: Rematade os exercicios de repaso que empezamos na clase. O luns faremos o exame.

Coñecemento do Medio:  (Voluntario). Investigade sobre algúns datos dos que falaron os vosos compañeiros nas exposicións: plancto, descompoñedores mariños, hai fungos no mar?, que comen as raias?
Recordade que mañá continuarán as exposicións orais de dous minutos e compre telas ben preparadas. Xa sabedes que podedes apoiarvos nos mapas mentais que tedes preparados.


Martes, 27 de xaneiro de 2015

 Coñecemento do Medio: A partir do mapa mental do tema completo dos Ecosistemas preparade a exposición oral de dous minutos que tedes que facer mañá. Tamén tendes que expoñer os ecosistemas que estivéchedes preparando nos equipo e que vos teñen tan orgullosos. Estamos desexando velos.

Interdisciplinar: Paro o venres tendes que elaborar un informe explicando o traballo realizado polo voso equipo e o qué aprendéchedes sobre os ecosistemas: Deberá ter portada en cartolina, compoñentes do equipo, índice e dúas partes ben diferenciadas: "Proceso de elaboración da montaxe" (texto instrutivo cos materiais e os pasos que seguíchefes) e "Ecosistemas" (Texto informativo:  que aprendeches dos ecosistemas co voso ecosistema particular: os elementos que o compoñen, as relacións alimentarias ou de adaptación ao medio dos seres vivos, a relación do ser humano nese ecosistema o que debemos facer para protexelo ...). Debe estar presentado con bolígrafo, coindando coa plantilla correspondente que as líneas vaia dereitas e que deixades marxe suficiente. Como sempre, lede cada frase antes de iniciar a seguinte e non o entreguedes sen lelo completo, coidando a ortografía e a propia caligrafía (boa letra e sin faltas). Vai ser moi interesante. A traballar!

Luns, 26 de xaneiro de 2015

Matemáticas: Inventa un problema que se resolva cunha operación de dúas cifras no divisor e resólveo.

Castelán: Ortografía: Palabras con hie- e con hue-. Escribe unha oración (de máis de sete palabras) con cada unha das palabras que empezan con hie- e con hue- que vimos na clase. Debes ter dez oracións con hie- e outras dez con hue- como mínimo.

Galego: Ficha: "Regálame unha palabra".

Interdisciplinar: Estudiade ben a canción para o Día da Paz. Recordade que a música é a de Malú "Blanco y negro". Estudiade tamén a de "Alas para Malala". 


Venres, 23 de xaneiro de 20154

Matemáticas: Ficha de repaso de ángulos e rectas. Repasade o cálculo rápido de divisións. Cálculo mental rápido de divisións.

Interdisciplinar: Preparade a canción para o Día da Paz. Recordade que a música é a de Malú "Blanco y negro".

Xoves, 22 de xaneiro de 2015

Matemáticas: Ficha de repaso de ángulos e rectas. Repasade o cálculo rápido de divisións. Cálculo mental rápido de divisións.

Interdisciplinar: Preparade a canción para o Día da Paz. Recordade que a música é a de Malú "Blanco y negro".

Mércores, 21 de xaneiro de 2015

 Coñecemento do Medio: Elaborade un mapa mental do tema completo dos Ecosistemas que vos ha de valer como referencia para a exposición oral de dous minutos que tedes que facer o vindeiro mércores. Tedes unha semana completa para preparar a exposición oral. Adiante.

Matemáticas: Repasade o cálculo rápido de divisións. Cálculo mental rápido de divisións. Mañá, control.

Martes, 20 de xaneiro de 2015

Galego: Ortografía: til diacrítico. Exercicios 1, 2 e 3. Anotade o tempo que tardades en rematar os exercicios.

Matemáticas: Repasade o cálculo rápido de divisións. Cálculo mental rápido de divisións.

Coñecemento do MedioContinuamos cos exercicios do Tema 5. Mañá faremos un mapa mental do tema. (Acordádevos de traer o libro da biblioteca).

English. 


Luns, 19 de xaneiro de 2015

Matemáticas: Construímos un tangram cun folio.

Como construir un Tangram


Repaso de cálculo mental rápido de divisións.



Coñecemento do Medio:  Continuamos cos exercicios do Tema 5.

Venres, 16 de xaneiro de 2015

Galego: Continuamos creando máis estrofas para as coplas do Entroido. O luns cantámolas cos de 4º e escolleremos a mellor para facer xuntos no Festival.

Matemáticas: Ficha de problemas. Rematade a de onte. Recólloa o luns. Repasade o cálculo rápido de divisións.

Coñecemento do Medio:  Continuamos cos exercicios do Tema 5. Preparamos os materiais para a elaboración do proxecto "Ecosistemas". Recordade que tedes que entregalo o mércores 28. Podedes utilizar todo tipo de mateiais e poden axudarvos os adultos nas tarefas de recortar ou pegar se empregades a pistola de silicona. Tendes que facelo, xuntos,  os catro membros de cada grupo e hai que tomar moitas decisións. Procurade ser orixinais e creativas.


Xoves, 15 de xaneiro de 2015

Matemáticas: Ficha de problemas.

Coñecemento do Medio:  Continuamos cos exercicios do Tema 5 

Mércores, 14 de xaneiro de 2015

Coñecemento do Medio: Ide facendo todos os exercicios do tema ao voso ritmo. Teñen que estar rematados o venres da vindeira semana.

Martes, 13 de xaneiro de 2015

Galego: Rematar os exercicios de comprensión lectora.

Coñecemento do Medio: Rematar o índice do tema. Mañá completaremos a lectura do tema en voz alta. Recordade que na lectura en voz alta non importa a velocidade lectora, senón a claridade, entonación e capacidade de comunicación.

Matemáticas. Traede o transportador de ángulos.


Luns, 12 de xaneiro de 2015

Matemáticas: Traede o transportador de ángulos para o mércores. Repaso da táboa.

Galego: Preparade a cronolectura do tema 5 e os exercicios de comprensión lectora. Preguntade na casa o vocabulario relacionado cos animais da granxa que non coñezades para facer mañá na clase.

Venres, 9 de xaneiro de 2015

Castellano. Terminade os exercicios do repaso trimestral.

Coñecemento do Medio: Lectura completa do tema 5.

Matemáticas: Traede o transportador de ángulos. Repaso da táboa. O luns faremos de novo control de divisións en 2 miunutos.

Galego: Continuamos co debate "Videoxogos con armas para rapaces, son axeitados?". Preparade as vosas argumentacións, cos datos que consigades reunir.

Xoves, 8 de xaneiro de 2015. Feliz ano novo. Benvidos

Matemáticas: Repaso das táboas. Mañá control rápido de cálculo de divisións en 2 minutos.
A vindeira semana ides necesitar un transportador de ángulos. Procurade conseguilo para o luns.


Venres, 19 de decembro de 2014

Día sin deberes. 
Descansade e disfrutade destas festas coas persoas que tanto vos queren.
Bo Nadal


Xoves, 18 de decembro de 2014

Matemáticas:Rematar as divisións que non rematáchedes.

Galego: Buscade información sobre o Apalpador para rematar o conto (os que non o recordabades)



Mércores, 17 de decempro de 2014

Interdisciplinar: Mañá saímos para o Asilo e cantarémoslle panxoliñas aos nosos maiores. Tedes que traer un sombreiro de palla. Non vos esquezades.

Matemáticas: Cálculo mental rápido. Seguimos repasando división e multiplicación.

Castellano: Repasamos las palabras de ortografía básica. Especialmente aquellos que quieren mantener su calificación. Recordad que no llevarán sobresaliente aquellos que tengan mal más de 10 palabras (de las 100 que os dictaré).



Martes, 16 de decembro de 2014

Matemáticas: Cálculo mental rápido. Seguimos repasando división e multiplicación.

Castellano: Repasamos las palabras de ortografía básica. Especialmente aquellos que quieren mantener su calificación. Recordad que no llevarán sobresaliente aquellos que tengan mal más de 10 palabras (de las 100 que os dictaré).

Coñecemento do Medio: Preparamos a exposición oral de dous minutos sobre as funcións vitais en animais e plantas. Teremos a exposición oral mañá. 


Luns 15 de decembro de 2014

 Castelán: Repaso da ortografía. Mañá teremos o ditado de 100 palabras.

Matemáticas. Estudade ben a táboa. Mañá exercicio de cálculo rápido de divisións.

Coñecemento do Medio: Preparamos a exposición oral de dous minutos sobre as funcións vitais en animais e plantas. Teremos a exposición oral o mércores.

Galego: Preparando a cronolectura,  os que queiran mellorar os resultados.



Venres, 12 de decembro de 2014


Coñecemento do Medio: Mapa mental de animais e plantas nun folio.



Xoves, 11 de decembro de 2014

Matemáticas: Ficha de repaso da mecánica da división.

Interdisciplinar: Rematade a postal de felicitación para os afillados.

Coñecemento do Medio. Rematade os exercicios, pois recólloos mañá.


Mércores, 10 de decembro de 2014, Día Internacional dos Dereitos Humanos

Coñecemento do Medio: Completar a táboa comparativa das funcións vitais en animais e plantas.

Matemáticas: Estudade a táboa.


Martes, 9 de decembro de 2014

 Galego: Páxina 67, exercicio 3. Páxina 68, rematade os exercicios, 2, 3 e 4.

Coñecemento do Medio: Ide facendo todos os exercicios da unidade 4 ao voso ritmo. Teñen que estar rematados para o venres, día 12 no que recollerei as libretas.

Matemáticas: Repaso das táboas. Mañá faremos outra proba de cálculo mental rápido.


Venres, 5 de decembro de 2014

Coñecemento do Medio: Preparando a nosa Constitución. Cada un escribe 5 normas que lle parezan fundamentais para ter en conta na clase.


Xoves, 4 de decembro de 2014

Matemáticas: Ficha "para pensar" e repaso da multiplicación por factores con tres cifras. Repaso da táboa de multiplicar.
 

Mércores, 3 de decembro de 2014

Coñecemento do Medio: Ler o tema completo da relación e reprodución de animais e plantas. Repaso da nutrición humana. Teremos o control das exposicións orais de un minuto sobre a nutrición humana o venres.
Rematade o mapa mental que iniciáchedes na clase sonçnre a organización de Galicia.

English: Study to the next exam on Friday.


Martes, 2 de decembro de 2014 de 2014

Coñecemento do Medio: Terrario con caracois. Iniciamos un novo tema que fala das funcións de relación e reprodución en animais e plantas e imos poñernos a investigar. Hoxe cada equipo expuxo as súas propostas para construir os terrarios. Pero quedan moitas cousas por clarificar e decidir, dende o tipo de materiais, o proceso de construción, a composición ... Pero sobre todo queda decidir que queremos investigar observando aos caracois. Hai que definir o obxectivo da investigación, plantexar hipóteses e establecer o procedemento a seguir ... Ímolo pensando porque temos que concretar as propostas en cada equipo. Hoxe a tarefa é so "Pensar".

Matemáticas: Repaso das táboas. Mañá teremos unha proba de cálculo rápido.

English: Study to the next exam on tuesday 



Luns, 1 de decembro de 2014. Día Internacional de concienciación sobre a SIDA

Coñecemento do Medio: Preparando o Día da Constitución e o Estatuto.
 O artigo 47 da Constitución di que tódolos españois teñen dereito a disfrutar dunha vivenda digna e axeitada. Buscade recortes de prensa que fagar referencia á problemática que podemos observar en relación coa vivenda.
O artigo 111 da Constitución  di que o Goberno e cada un dos seus membros están sometidos ás interpelacións e preguntas que lles formulen nas Cámaras. Faredes unha enquisa a un mínimo de cinco persoas ás que lle preguntaredes: "Que lle gustaría preguntar vostede ao señor presidente do Goberno?" A enquisa presentarédela en folio coa limpeza e corrección debida.
Estes dous traballos tedes que presentalos antes do xoves.
 

Venres, 28 de novembro de 2014

Galego: Traede vinte recortes de diversos folletos, poñedelle o nome (sustantivos) e sinalar nos mesmos a sílaba tónica. Rematade os poemas para os vosos afillados, pois quedamos de lerllos o luns.


Xoves, 27 de novembro de 2014

Coñecemento do Medio: Estudiade para o exame de mañá.

Castelán: Estudiade para o exame de mañá.


Mércores, 26 de novembro de 2014

Matemáticas: Ficha de repaso para o exame de mañá. Propiedades conmutativa e asociativa da multiplicación; multiplicación por números de dúas cifras e multiplicaciaón por números cun factor rematado en cero. Páxina 40: todos (so un exercicio de cada tipo)

Galego: Estudar para o exame de mañá: acentuación de palabras graves e esdrúxulas, tipos de oracións (enunciativa, exclamativa e interrogativa, palabras polisémicas, vocabulario relacionado co baño, estilo directo e indirecto, os textos instrutivos ...)

Castellano: Ficha de repaso para o exame do venres: determinantes demostrativos e acentuación de palabras graves. Repasade tamén os sufixos, a prosa e o verso e a división dun texto en párrafos.

Coñecemento do Medio. Parabéns a toda a clase polos exercicios realizados. Agora toca estudar ben para non esquecer os nomes tan importantes que aprendemos neste tema da reprodución humana, as partes dos aparatos reprodutores masculino e feminino, a función de cada parte, as etapas da reprodución ...

English: Activity book, pages 14, 15 & 16. Worksheets



Martes, 25 de novembro de 2014. Día Internaciónal contra a Violencia de Xénero

Galego: Páxina 57, exercicios 2 e 3. Estilo directo e estilo indirecto. Estudiade para o exame as oracións enunciativas, interrogativas e exclamativas. Facede oralmente na casa todos os exercicios que fixemos na clase para repasar.

Coñecemento do Medio: Estudiade para o exame.

Matemáticas: Seguide repasando as táboas. Recordade que o exame do xoves é de multiplicacións todiño. Faremos mañá autro exercicio de cálculo mental rápido de divisións. Déixovos nesta ligazón un lugar para que practiquedes.
Cálculo mental rápido de divisións. Tendes que facer as 60 en dous minutos e medio.

English: Activity book: 16, 17 & 18. Two worksheet.

Luns, 24 de novembro de 2014

Galego: Melloramos o poema para o noso afillado. Procurade que o poema sexa persoal e faga referencia ao voso afillado. Hoxe aprendemos o estilo directo e o estilo indirecto nun relato. Acordádevos de repasalo ben para o exame e non os confundades. Tendes que saber cambiar de estilo tamén. O venres teñen que estar rematados para levarlles aos nosos afillados.

Coñecemento do Medio: Estudar para o exame de venres. Mañá  correxiremos todos os exercicios. Queda pendente aínda media clase para facer a exposición oral sobre a  nutrición humana. Non vos esquezades desa parte.


Venres, 21 de novembro de 2014

Matemáticas: Ficha. Problemas con trampa.

Castellano: Ficha. Repaso de prosa, verso, división de un texto en párrafos.


Xoves, 20 de novembro de 2014. Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas

Matemáticas: Inventade un problema que se resolva de xeito que un dos factores remate en cero.

Interdisciplinar: Hoxe é o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas. Hoxe vimos a historia dunha nena á que lle negaron o dereito a ir á escola. Na clase de relixión a profesora Esther ensinouvos uns trucos para facer cómics. Se vos apetece podedes intentar contar a historia en cómic ou facer algún debuxo sobre a parte que vimos hoxe.


Mércores, 19 de novembro de 2014

 Interdisciplinar: Texto informativo "Visita a Pontevedra". O texto informativo ten que cumprir varias condición que podedes recordar clicando na ligazón de abaixo. Tendes que escribir un texto de dous folios acompañado dunha imaxe que pode ser un debuxo do que máis vos gustou. Na clase fixemos unha chuvia de ideas para recordar os lugares nos que estivemos e pódenvos servir de orientación para estruturar o escrito en diferente parágrafos: teatro, prazas, igrexas, curiosidades, opinión persoal ... Recordade que, como todo escrito, ha de prepararse un borrador previo antes de pasalo a limpo para presentar, con marxes, letra moi coidada, ortografía correcta ...

O texto informativo



Martes, 18 de novembro de 2014

 Galego: Resumo da lectura: Un fantasma en apuros. O resume farase con dúas oracións relativas a cada parte do texto tendo en conta que no texto diferenciamos tres partes (a primeira vai da presentación das personaxes ata que se plantexa o problema, a segunda , ou , trata sobre as peripecias que acontecen para resolver o problema e a terceira é o desenlace ou conclusión do problema.

Coñecemento do Medio:  Ide facendo as actividades do tema da reprodución humana pouco a pouco. Vós marcades o ritmo que vos pareza oportuno. Non tendes que presentalas ata o vindeiro luns. A semana vindeira teremos o exame do tema.


Luns, 17 de novembro de 2014

Galego: Inventamos un poema para o noso afillado. Pode ter tantos versos como queirades. Tendes que entregar un borrador en sucio e logo o poema pasado a limpo.

Venres, 14 de decembro de 2014

Coñecemento do Medio: Álbum de cromos: "Vou medrando". Compeñer un álbum con fotos de moi pequeniño, de bebé, fotos de diferentes etapas e momento ata chegar a hoxe. A selección ten que caber nun so folio e cada foto estará acompañada dunha pequena frase que a sitúe.

English: Activity book, exercises 3, 4, 5, 6, 7 & 9. Study the dialogue.

Interdisciplinar: "A entrevista". Hoxe nos diferentes equipos propuxéchedes preguntas que queríades facerlle á vosa nai e ao voso pai sobre o embarazo, o parto e os primeiros días do nacemento. De entre todas as propostas seleccionáronse seis preguntas que ides facer todos. Pero xa sabedes que, a maiores, podedes facer todas as preguntas que quirades. Iso si teñen que vir presentadas nun folio (ou máis) e neste, ademais do título e unha reseña introductoria, irán aparecendo as preguntas e respostas cumprindo escrupulosamente as normas sobre mellora de textos que estivéchedes vendo coa profe Laura. Espero que se note. Acordádevos de escribir sempre un borrador en primeiro lugar, antes de facer o texto definitivo.



Xoves, 13 de novembro de 2014

Matemáticas: Inventade  un problema. Pode ter tantas operacións como queirades pero unha delas ten que ser unha multiplicación por un número de dúas cifras. Na clase xa vimos algúns exemplos e podedes facer algúns parecidos. Recordade que ao rematar de escribilo, tendes que resolvelo e indicar: datos, operacións e solución.

Galego: Páxina 54, exercicios 1, 2, 3 e 4. Palabras Graves.

Coñecemento do Medio: Investigación sobre Pontevedra: mapas e planos, lugares de interese ... Esta investigación será un traballo voluntario.

English: Study dialogue and ....


Mércores, 12 de novembro de 2014

Matemáticas: Páxina 36, exercicios 2 e 3. Propiedades asociativa e conmutariva da multiplicación. Repaso das táboas.

Coñecemento do Medio: Lectura detida do tema completo da reprodución humana. Deberán contarlle aos teus compañeiros, que descubriches sobre o tema que non sabías e que outras cousas che gustaría saber.

English: Reed the history and the song.


Martes, 11 de novembro de 2014

Galego: Páxinas 50 e 51, exercicios 3 e 4. Copiade o recadro das palabras polisémicas.
Receita con castañas, na ficha, con bolígrafo e un exquisito coidado na caligrafía e a ortografía. 

Matemáticas: Repasamos as táboas

Luns, 10 de novembro de 2014

Linguas: Carta ao teu afillado. Pode ser en galego ou castelán. Na lingua que ti queiras.

Coñecemento do Medio: Prepara a exposición oral de 1 minuto sobre a nutrición humana. Podes preparar un mapa mental ou un esquema cun máximo de dez palabras. Podes pasar do minuto, pero non menos.

 Matemáticas: Ficha de cálculo. 2 minutos por cada lado, cando pensedes que o tendes ben preparado. Escribides a bolígrafo as que vos de tempo nos dous minutos. As demais rematádelas co lapis.



Venres, 7 de novembro de 2014

Castellano: Redacción "Yo soy ... " . La redacción estará estructurada en cinco párrafos. En el primero os presentais (Yo soy ...). En el segundo, con varias frases os describís (como sois físicamente, altura, constitución, el color de vuestro pelo, ojos ....) como es vuestra manera de ser, vuestro carácter ... En el tercero expresais lo que más os gusta en relación a colores, música, asignaturas, aficciónes. En el cuarto hablais de vuestros favoritos (cantantes, libros, películas ...). En el último podeis decir que os gustaría ser de mayor o hablar sobre el colegio.  Podeis poner más párrafos y más temas si queréis. La redacción tendrá doce renglones escritos como mínimo, pues vosotros sois los que más sabéis de vosotros mismos. Llevaia la plantilla para poner debajo del folio. El trabajo lo presentaréis escrito a bolígrafo con buena letra (pequeña) y sin faltas de ortografía. Acordaros de revisar la puntuación leyendo el texto completo y comprobando que tiene sentido.
También podéis ir redactando una carta para vuestro ahijado o ahijada. Ya tenemos dos muy bonitas. El lunes las leemos.


Coñecemento do Medio: Esta semana non nos deu tempo a rematar a plantación pois adicámonos a estudiar e preparar a fondo os exames, así é que o luns rematamola e iniciamos o rexistro das observacións. Non esquezades as sementes os equipos que nos as trouxéchedes aínda. O luns, aínda que non temos coñecemento, recollerei os mapas conceptuais que preparáchedes e que non puidemos revisar hoxe.



Xoves, 6 de novembro de 2014

Coñecemento do Medio. Preparade un mapa conceptual de cada un dos aparatos que interveñen no proceso da nutrición. En cada un dos aparatos debedes marcar tres apartados: definición, partes e proceso ou funcionamento. Facede os mapas conceptuais en apaisado. Estudade ben o tema completo. Mañá temos exame.

Castellano: Estudiade para o exame de mañá. Recordade especialmente a acentuación das palabras agudas, como se busca a sílaba tónica, os prefixos ...


Mércores, 5 de novembro de 2014

Matemáticas. Páxina 28, todos. Repaso para o exame de mañá. Recordade que vimos na clase como se facían todos. Acordádevos de repasar o reloxio e as moedas. Anotade a hora de inicio e de fin dos exercicios na marxe.

Coñecemento do Medio: Estudio do tema completo para o exame do venres: os catro procesos da función de nutrición, os apartaos  respiratorio, circulatorio e excretor. (Definición de cada aparato, partes e proceso no que intervén coas etapas correspondentes).

Martes, 4 de novembro de 2014

 Coñecemento do Medio: Rematar a ficha. Estudar o tema completo. Temos exame o venres. Acordádevos de traer as sementes que queredes plantar.

Galego: Rematar a ficha. Estudar o tema completo. Temos exame o luns. Recordade que vos falta a cronolectura do tema 2 a varios de vós e farémola o xoves.


 
Xoves, 30 de outubro de 2014

Galego: Relato en primeira persoa: "Eu teño medo" ou "Eu tiña medo". Recordade que tendes que revisar o texto antes de entregalo e non so comprobar a ortografía ou a boa letra senón que tendes que fixarvos se cumpre as condicións das que falamos: Mínimo de tres parágrafos e mínimo de 10 frases. As frases terán sete palabras polo menos, agás dúas ou tres que poden ser máis curtas. Se non tendes medo de nada ou non vos acordades de cando tiñades medo podedes inventarvos a historia como escritores, pero recordade que o relato estará en primeira persoa. Vós sodes os protagonistas. Van ser uns relatos terroríficos!!!

Matemáticas: Levades dous exercicios para que apliquedes o que aprendemos estes días de aproximar e facer estimacións, como fixemos hoxe pola mañá no noso super. So que, desta volta tendes que fixervos nos prezos de lavadoras e lavalouzas ... Que se note todo o que sabedes xa!

Coñecemento do Medio: Á volta destes  días de descanso tendes que traer rematada a ficha que leváchedes onte na que toca explicar como funciona o corazón e tamén o aparato respiratorio.
Á volta empezaremos a facer tamén a plantación. Recordade que cada equipo ten que traer catro macetas iguais e ten que decidir que quere plantar. Este ano faremos un rexistro da cantidade de auga de rego, número de días que a regamos e do crecemento das plantas. O ano pasado producimos xudías, chícharos, lentellas e tivemos varias maceiras. Que teremos este ano????

 Castelá: Hoxe non vos recollín as redaccións melloradas de  "Mi amigo", así é que non esquezades traelas o martes.

English: A worksheet aout the clocks and study to the exam.
  


Mércores, 29 de outubro de 2014

Coñecemento do Medio: Ficha de repaso da respiración e da circulación.

Matemáticas: Repaso das táboas de multiplicar e do cálculo rápido.

Castelán: Aínda que mañá non temos castelá recollerei as redaccións que leváchedes para mellorar.

Biblioteca: Mañá tedes que traer o  libro aqueles que o esquecéchedes.


Martes, 28 de outubro de 2014

Galego: Alongar oracións sinalando o verbo, o suxeito e o predicado de cada unha como fixemos na clase.

Coñecemento do Medio: Esquema da circulación (aparato circulatorio e como funciona).


Luns, 27 de outubro de 2014

Matemáticas: Páxina 25. Exercicio 2. Aproximamos os sumandos e estimamos a suma. Aproximamos o minuendo e o sustraendo e estimamos a resta.

Castellano: En clase hemos comentado muchos aspectos de nuestros escritos para mejorarlos. Tenemos que repetir la descripción de nuestro amigo o amiga. Podemos completarla con un dibujo del niño/a al que nos referimos. Recordad la importancia de un abuena presentación, la limpieza, la caligrafía, el margen ...


Venres, 24 de outubro de 2014. Día Internacional das Bibliotecas

Castellano: Página 25, ejercicios 6 y 7. Repaso de la acentuación de las palabras agudas. Redacción: "Mi amigo", o, "Mi amiga". Como siempre, debéis acordaros de dejar margen y cuidar la presentación y la ortografía (tildes incluidas, mayúsculas, puntos ...). El texto debe estar estructurado en párrafos y cada párrafo ha de tratar un aspecto distinto. En clase habéis sugerido ideas y temas interesantes (aspecto físico, carácter, preferencias, favoritos, ambiciones ...) Cada párrafo debe tener varias frases y las frases tendrán por lo menos siete palabras. Anotad la hora de inicio y la hora de fin de los ejercicios.

English: Activity book, page 9, exercise 14; page 10, exercise 16 and  17; page 11, exercise 2 & 3. Worksheet. Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios.

Coñecemento do Medio: Hoxe tivemos na clase a "Matilde" unha modelo á que lle as costelas,  o pulmón, o estómago,  fígado, o intestino  e mesmo o corazón. E nesta desmontaxe xurdiron moitas preguntas e formuláronse moitas conxeturas, todas elas para seren investigadas. Onde buscar a información??? Aí vos deixo, por ver se sodes quen de atopar a resposta algunhas delas:
Por que so temos costelas ata o diafragma?
Que pasaría se as costelas chegasen máis abaixo e cubrisen a barriga?
Tardan moito as plaquetas en curar unha ferida?
As costelas son igual de duras cando se achegan ao esterno ? ....
e moitas máis. Toca investigar.

Galego: Procurade traer o luns a enquisa de galego.


Xoves, 23 de outubro de 2014

Matemáticas: Ficha de repaso das propiedades conmutativa e asociativa. Exercicios de cálculo mental.Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios.
 

Mércores, 22 de outubro de 2014

Matemáticas. Páxina 23 (ficha), exercicios 5 e 6. Aplicamos as propiedades asociativa e conmutativa.
Estudiade e memorizade as propiedade conmutativa e asociativa que tedes no recadro da páxina 22.
Ide practicando o cálculo rápido coa ficha de cálculo que tendes cada un de vós e aprendede ben as táboas.

Coñecemento do Medio: Páxina 26, exercicios 4 e 5. Hai que facer o debuxo do aparato respiratorio e rematar o esquema do aparado respiratorio e da respiración. Levan o exame de coñecemento correxido.Han de traelo asinado pola nai ou o pai.
Estudiade ben e memorizade que é o aparato dixestivo e as súas partes, que é a respiración e as súas etapas, especialmente como se produce o intercambio de gases nos pulmóns.


Martes, 21 de outubro de 2014

Galego: Repetide varias veces (de cinco a dez, decidide vós) as palabras do ditado nas que tivéchedes erros ortográficos, incluídos os das palabras con til. Aprendede ben o cadro das normas de acentuación das palabras agudas e o apartado"Ten coidado". Páxina 39, exercicios 4, 5 e 6.

Matemáticas: Practicade os números romanos e as aproximacións cos xogos que tendes na páxina principal do blogue.

 Luns, 20 de outubro de 2014

Galego: Lectura de "O rei Macarrón" e exercicios das páxinas 32 e 33.  Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios. Levan o exame de galego correxido. Han de traelo asinado pola nai ou o pai. 

Matemáticas: Propiedade conmutativa e asociativa. Estudian o recadro que teñen na libreta e rematan as actividades 1 e 2 da páxina 22. Levan o exame de matemáticas correxido.Han de traelo asinado pola nai ou o pai.

CastellanoLevan o exame de castelán correxido. Han de traelo asinado pola nai ou o pai.


Venres, 17 de outubro de 2014

Castellano: Ficha de repaso sobre las sílabas agudas, graves y esdrújulas.

English: Activity book, exercises 10 and 11. Worksheet. Copy and study the dialogue (only pupils that dont tell it well today)

Coñecemento do Medio: Repaso da diferenza entre alimentos e nutrientes.


Xoves, 16 de outubro de 2014. Día Internacional da alimentación.
 Morreron hoxe 8.500 nenos de fame. Mañá morrerán 8.500 ... ; o equivente a todo Cambados en dous días. E así cada día. Coidemos a alimentación dos nosos, pensemos na dos demais.
 
Coñecemento do Medio: Estudiade o tema completo para o exame de mañá: Procesos da nutrición (alimentación, respiración, circulación, excreción), a alimentación, alimentos e nutrientes, tipos de alimentos, a dixestión (que é e que procesos abarca), o aparato dixestivo (que é e que partes ten), a dieta, a dieta saudable e consellos para seguir unha dieta saudable, hábitos saudables (hixiene, exercicio físico e descanso), consellos a ter en conta.

Castellano:Estudiade para o exame de mañá os prefixos, sustantivos, adxectivos, sílaba tónica e sílaba átona, palabras agudas, graves e esdrúxulas, que é a literatura ... Repasade as anotacións e exercicios que tendes na libreta e realizade prácticas co xogo de encestar do blogue.



Mércores, 15 de outubro de 2014

Matemáticas: (Páxina 31) Ficha de repaso. Facede os problemas. Non tendes que escribir o enunciado. Poñedes os datos, as operacións e a solución. Podedes facer os exercicios que queirades para repasar para o exame de forma voluntaria. Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios.

Galego. Estudiade para o exame de mañá o tema 1. Aprendede ben os recadros, revisade os exercicios e memorizade o recadro resumo da páxina 26.


Martes, 14 de outubro de 2014

Galego: Páxina 27, exercicios 3, 4, 5, 8 e 11. Estudamos o recadro de resume da páxina 26. Recordade que faremos o exame deste tema o vindeiro xoves Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios.

Coñecemento do Medio: Mañá faremos un mapa conceptual do tema completo, polo que ide pensando en como distribuír o espazo, a información que ides incluir e quen se vai encargar de expoñer cada parte. O venres teremos o exame deste tema, pero tratade de recordar, para expoñer oralmente mañá, a máxima información posible dos aspectos traballados: alimentación e tipos de alimentos, dixestión e aparato dixestivo, hábitos saudables (dieta, hixiene, exercicio físico e descanso).


Interdisciplinar: Seguide anotando o que almorzades, merendades, xantades e ceades.
 


Luns, 13 de outubro de 2014

Castellano: Inventa un texto de tema libre que contenga un mínimo e 10 oraciones en la que aparerezcan por lo menos cuatro conectores que tu elijas (Por ejemplo: Sin embargo, luego, más tarde, por lo tanto, por otra parte, entonces, a continuación ...). Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios.

Interdisciplinar: Seguide anotando o que almorzades, merendades, xantades e ceades. Hoxe fixemos na clase a táboa e a gráfica cos tipos de alimentos que consumimos na semana. Moitos comprobáchedes que o número de alimentos reguladores (froitas e verduras) , aparecen cun número moi baixo... Procurade tomar algo máis destes alimentos ao longo da semana. A semana que ven faremos unha nova gráfica cos datos desta semana e logo comprobamos a diferenza.

Nota: Esta semana teremos os exames do tema 1. Non esquezades estudar un pouco cada día.

Venres, 10 de outubro de 2014

Coñecemento do Medio: Facede o esquema final do tema. Na páxina 20 tendes o modelo para completar. Fixádevos que onde aparecen as letras A, B e C falta información que debedes recordar ou, do contrario buscar no libro. Recordade que as líneas han de facerse coa regra e que os recadros deben facerse tamén coa regra. (Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).

Castellano: Repasar la clasificación de las palabras según la sílaba acentuada (agudas, graves, esdrújulas) con el juego del blog, que ya hemos practicado en clase. Podéis ayudaron con la plantilla (E LL A).


Xoves, 9 de outubro de 2014

Matemáticas: Inventade unha suma, unha resta, unha multiplicación e unha división e resolvédeas.  (Anotade na libreta, no marxe, a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).: 

Galego: Páxina 23. Rematade os exercicios 4 e 5. Páxina 25, exercicios 1 e 2. (No exercicio 1 non tendes que copiar o texto). . (Anotade na libreta, no marxe, a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).

Coñecemento do Medio: Aqueles que queiran mellorar a nota da exposición oral recordade que tendes 1 minuto para expoñer que é a dieta,  que é unha dieta saudable e cales son os consellos básicos para que un neno siga unha dieta saudable, Xa sabedes que podedes contar cun pequeno guión  (cun máximo de 6 palabras).  Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades. 

English: Study and listen the CD (song).


 Mércores, 8 de outubro de 2014

Matemáticas: Páxina 16, exercicio 10 e páxina 17, exercicio 11. Repaso dos números romanos.
Anotade o tempo que tardades en rematar os exercicios.

Coñecemento do Medio: Exercicio 1 e 3 da páxina 18. Aqueles que queiran mellorar a nota da exposición oral recordade que tendes 1 minuto para expoñer que é a dieta,  que é unha dieta saudable e cales son os consellos básicos para que un neno siga unha dieta saudable, Xa sabedes que podedes contar cun pequeno guión  (cun máximo de 6 palabras).  Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades.

Martes, 7 de outubro de 2014

Coñecemento do Medio: Elaborade un esquema sobre o aparato dixestivo e o proceso da dixestión das páxinas 16 e 17 do voso libro. Rematade o debuxo do aparato dixestivo ben pintadiño e cos nomes correspondentes ao tubo dixestivo en vermello e ás glándulas dixestivas en azul. Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades. (Anotade na axenda a hora de inicio e a hora de fin do tempo de estudio e lectura).


Luns, 6 de outubro de 2014

Matemáticas: Páxina 16, exercicios 4, 5, 6, 7, 8 e 9. Anotade o tempo que tardades en rematar os exercicios.

Coñecemento do Medio: Estudiade as páxinas 16 e 17 do voso libro ou de calquera outro que vos fale da dixestión e do aparato dixestivo. Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades.

Castellano: Mañana es el último día para entregar el texto de tema libre en el que aparecerán al menos 10 adjetivos. 


Venres, 3 de outubro de 2014


Coñecemento do Medio:Estudiade as páxinas 16 e 17 do voso libro ou de calquera outro que vos fale da dixestión e do aparato dixestivo. Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades. (Anotade na axendaa hora de inicio e a hora de fin do tempo de estudio e lectura).

Castellano: Texto de tema libre en el que escribireis más de 10 oraciones. Todas ellas tendrán más de 7 palabras y en el conjunto del texto aparecerán al menos 10 adjetivos. (Anotad la hora de inicio de la redacción y la hora de final)

Xoves, 2 de outubro de 2014

Matemáticas: Ficha de numeración  (millóns) (Anotade na libreta, no marxe, a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).

Galego: "A miña familia": Melloramos a ficha da árbore xenealóxica realizada na clase. (Anotade na libreta, no marxe, a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).


English: Activity book.

Coñecemento do Medio:Repasade as clases de alimentos e algún exemplo de cada clase. Lede as páxinas 16 e 17 do voso libro ou de calquera outro que vos fale da dixestión e do aparato dixestivo.Traede recortes de alimentos variados. Valen os dos folletos dos supermercados. Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades. (Anotade na axendaa hora de inicio e a hora de fin do tempo de estudio e lectura).


Mércores, 1 de outubro de 2014

Matemáticas: Rematamos de escribir os números romanos ata o cen tal e como fixemos na clase). Recordade que 50 se escribe L e que cen será C. Como serán logo 40 ou 90???.  (Anotade na libreta, no marxe, a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).

Coñecemento do Medio: Estudiade as clases de alimentos e algún exemplo de cada clase. Lede as páxinas 16 e 17 do voso libro ou de calquera outro que vos fale da dixestión e do aparato dixestivo.Traede recortes de alimentos variados. Valen os dos folletos dos supermercados. Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades. (Anotade na axendaa hora de inicio e a hora de fin do tempo de estudio e lectura).


Martes, 30 de setembro de 2014

Galego: Páxina 17; exercicios 4, 5, 6, 7, 8 e 9. Lemos as páxinas 18 e 19 para o xoves. (Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).

Coñecemento do Medio: Traede recortes de alimentos variados. Valen os dos folletos dos supermercados. Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades.


Luns, 29 de setembro de 2014

Matemáticas: Ficha de numeración con cantidades de millón. Anotade a hora de inicio e a hora de finda realización dos exercicios.

Galego: Cronolectura do Tema 1. Facede tamén oralmente todos os exercicios das 16 e 17. Mañá farémolos por escrito na aula.

Coñecemento do Medio: Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades.  (Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).



Venres, 26 de setembro de 2014

Matemáticas: Inventa, coloca e calcula unha suma, unha resta, unha multiplicación e unha división. Acordádevos de anotar a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios

Coñecemento do Medio: Elaboramos o índice do tema "A nutrición e a dieta" seguindo as pautas estudiadas na aula tendo en conta a correcta colocación de títulos, subtítulos e apartados. Recordade que na axenda seguides recollendo o que almorzades, xantades, merendades e ceades.  (Anotade a hora de inicio e a hora de fin dos exercicios).

Galego: O luns recollo as redaccións que non entregáchedes hoxe.

English: Worksheet


Xoves, 25 de setembro de 2014

Matemáticas: Cálculo mental rápido. Acordádevos de anotar a hora de inicio e a hora de remate para calcular os minutos que tardades en realizar as operacións (polos dous lados).

Galego: Texto en 1ª persoa:  "Os meus sentimentos". Na clase falamos dos sentimentos e entre todos vimos máis de 38 sentimentos diferentes, vimos cales eran positivos e tamén cales nos fan sentir mal. Agora cada un de vos ha de contar cando se sinte ben, feliz, contento, emocionado.... Pero tamén cando se sinte triste, amargado, abatido, enfadado, agotado ... Por último había sentimentos difíciles de catalogar: cando sentimos morriña, sorpresa, vergoña, inquietude ...
Recordade as condicións a cumprir para conseguir os 10 puntos nun escrito (1-nome e número de clase; 2-data; 3-título; 4-marxe; 5- boa caligrafía; 6- ortografía; 7- 10 frases como mínimo; 8- cada frase con 7-8 palabras como mínimo; 9- 3 parágrafos; 10-ideas claras e ben ordenadas). Anotade a hora de inicio e a hora de remate para calcular o tempo que tardades.
Recordade tamén que sempre tendes que pensar a frase antes de escribila. Despois de escribila tendes que comprobar que se le con claridade e non tendes erros na ortografía. Finalmente ledes todo o escrito antes de pensar a frase seguinte, para que as ideas vaian ben enlazadas.

Coñecemento do Medio: Escribimos de novo o que almorzamos, merendamos, xantamos e ceamos.

Relixión: Páxina 11, exercicio3 e copiado na libreta o recado  "Evanxeo".

Mércores, 24 de setembro de 2014

 Matemáticas: Na libreta tendes que realizar as operacións indicadas (recordade que as operacións separámolas catro cadriños da marxe e catro cadriños da seguinte operación).

Coñecemento do Medio: Seguimos anotando na axenda o que almorzamos, merendamos, xantamos e ceamos. Acordádevos tamén de seguir buscando información e ilustracións sobre a vendima e non esquezades que nesta semana tendes que entregar, completo, o exame de coñecemento do medio.

Nota: Acordádevos de anotar, na marxe da libreta de matemáticas, a hora á que empezades os exercicios de matemáticas e a hora á que rematades. Tendes que calcular cantos minutos tardades en realizar todas as operacións. Repasádeas e comprobade que non tendes erros.

Interdisciplinar: Mañá iniciaremos o proceso de presentación de candidaturas para a alección de Delegados e Subdelegados de clase: Pensade, se ides presentarvos, nos argumentos para defender, diante da clase, a vosa candidatura.

Martes, 23 de setembro de 2014

Galego: A vendima;  Preparamos as fotos e a información necesaria para presentala logo nun cartel de grupo.

Coñecemento do Medio: Nutrición. Cada día escribimos na axenda o noso almorzo, merenda, xantar e cea. A medida que vexamos o tema da nutrición e a dieta saudable valoraremos se a nosa alimentación contén os nutrientes que o corpo necesita. Tamén aprenderemos a representar a información en táboas e gráficos.

Interdisciplinar: De xeito voluntario, ao igual que no curso pasado, podedes traer á aula, para compartir cos vosos compañeiros, o voso libro de lectura favorito en lingua galega, en lingua castelá, (en lingua inglesa, tamén) ou calquera outro relacionado con Coñecemento do Medio. Levarédelos de volta a final de curso.

Nota: Recordade que debedes anotar ao remate dos deberes, na marxe, o tempo que tardáchedes en realizar a tarefa proposta. 
Tamén vos recordo que tedes que entregar nesta semana o exame de Coñecemento do Medio e o texto que leváchedes para mellorar en lingua castelá.



Luns, 22 de setembro de 2014

Matemáticas: Remata a serie proposta no exercicio catro (libreta) e revisa os exercicios anteriores.

Galego: Falamos sobre a vendima. Preguntamos na casa e buscamos información sobre a vendima. Podemos acompañar a información con fotos ou debuxos para compoñer na aula un mural no que se recolla a nosa investigación.


Venres, 19 de setembro de 2014

Castellano: Mejoramos nuestros escritos.
En clase hemos escrito un texto sobre las recomendaciones a seguir para sacar buenas notas. Los hemos corregido y hemos propuesto entre todos ideas muy interesantes para mejorarlos. Por lo tanto ahora toca aplicar lo aprendido. Se trata de reescribir el texto teniendo en cuenta los aspectos siguientes:
Deben aparecer el nombre del autor ( y el número que tiene en clase), la fecha del escrito y el título. Tenemos que dejar margen , escribir con buena letra y fijarnos en la ortografía. Ya en la redacción debemos empezar con una frase introductoria sobre el tema del que vamos a escribir. En clase habéis hecho propuestas muy interesantes. Acordaos de algunas y escoged la que más os ha gustado. Después seguiremos con las recomendaciones para sacar buenas notas, pero agrupando la información en párrafos de manera que nuestras ideas estén bien ordenadas y organizadas (clase, exámenes, casa ...). El escrito tendrá 10 frases como mínimo y la extensión de cada frase no será inferior  a 7 palabras.
Lo haréis muy bien. ¡Ánimo!

Coñecemento do Medio: Completar o exame de avaliación inicial de Coñecemento do Medio buscando no libro de texto do curso pasado ou en calquera outro medio a información que vos quedou incompleta.
Toca investigar. Non pode vir ningún apartado sen responder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario