Autores: Salvador, Avril, Alexandra e Román
30 de enero de 2015
Día da Paz
Hoxe, día 30, saímos ao patio dos maiores a celebrar o Día da Paz. Houbo moitas actuacións. Pasámolo moi ben. Todos actuaron, pero non sabiamos o nome dalgunhas cancións porque non se escoitaban moi ben e os que cantaban non tiñan o micro. Os de teatro fixeron unha obra moi bonita sobre o bosque animado. O que máis gracia nos dou foi cando cantaron o de "Chaguintón..." Tamén nos gustou un baile en roda dos profes, que parecían pistoleiros enfurecidos, pero que se deron un abrazo ao final demostrando a PAZ. Nós, os nenos de 4ºA e 4ºB cantamos tres cancións. A primeira foi "Amor e Paz" que inventamos na clase xuntándonos todos para ter un resultado moi bo. A segunda foi a de "Peace on my fingers" que di que en todos nós reside a Paz. A terceira foi "Alas e Malala" que cantamos entre todos os do colexio. Sentímonos moi unidos cantando xuntos.
28 de enero de 2015
Exposición: Ecosistemas
Hoxe 28 de xaneiro os alumnos de 4ºB, fixemos un traballo sobre os "Ecosistemas". Presentamos unhas maquetas bonitas feitas con cartón, plastilina e materiais reutilizables.
Empezou o equipo Artistas cun ecosistema terrestre dunha charcha, probablemente da sabana porque tiña unha xirafa e un crocodilo, ademais de ras e caracois. Tiña pouco verde e moita terra. Tamén lle meteron miñocas! E vivas!!! A algúns da clase entroulles o medo e escaparon. As miñocas tamén trataron de escapar do proxecto.
O seguinte grupo, Dragóns Galácticos, fixo un ecosistema con montañas, unha bastante grande! Como o ser humano talou as árbores dese contorno, as árbores que puxemos eran moi pequenas, estaban medrando. Para facer as árbores tes que ter á man un cartón de ovos, corchos e tamén un pouco de silicona, para xuntar os dous materiais. Despois daslle un retoque de pintura ás dúas partes, pero mellor é que pintes primeiro o cartón porque senón éche moi difícil. O proxecto tiña un río que desembocaba no mar. Puxeron un crocodilo, un cervo, tres cabalos e unha mofeta. O crocodilo estaba coméndose un dos cabalos porque tiñamos que falar das relacións alimentarias (e porque o crocodilo tiña fame!). Démoslle unha sorpresa á profe porque fixemos a parte de abaixo da desembocadura, un ecosistema mariño con poucos peixes, pola contaminación (aínda que non debuxamos o lixo que había no fondo).
Os do equipo Mellores fixemos un traballo que nos levou dúas tardes. Fixemos dous ecosistemas terrestres na beira dun lago; un deles estaba limpo e o outro estaba contaminado. Os materiais que usamos foron plastilina, cartón, papel, sobres, palliñas e un palillo. Fixemos tres cisnes moi bonitos, un sol, unhas nubes, un lobo, dous paxaros e dous corvos. Tamén había un home. No ecosistema limpo o home bañábase no lago. No ecosistema contaminado disparáballe a un paxaro. O pàxaro estaba morto enriba dunha rocha. No contaminado había unha pila, unha lavadora, tapas, xoguetes ... todo tirado!
Autores: Román e Miguel
O equipo Ouro fixo o ecosistema mariño. Quedamos na biblioteca municipal o venres. Fixemos moitos peixes. Os materiais foron os seguintes: papel de celofán, goma Eva , tubo de papel hixiénico, plastilina , metais , folios e cores. Fixemos peixes de goma Eva, algas e moitas máis cousas mariñas.
O tubo de papel hixienico recubrímolo cunha cartolina de goma Eva de cor vede e fixemos uns churros verdes, logo colocámolos no tubo verde.
Os seres vivos que habitan o ecosistema mariño que fixemos son os seguintes: peixes globo, cisnes, delfins, un tiburón, un cangrexo, un polbo, unha estrela de mar, berberichos, unha anguía eléctrica, cunchas, algas e miñocas. Alonso fixo un tesouro de plastilina con moedas de ouro.
Ao rematar o traballo, a nai de Aitana (Mari) comprounos a todos unhas chucherías riquísimas.Tamén nos deron bombetas e todos as queríamos facer reventar, aínda que unha non reventou.Pasámolo moi ben!
20 de enero de 2015
Preparando o Día da Paz: Malala
Preparando o día da Paz contamos cos nosos afillados de 1º. Xuntos creamos preciosas mensaxes de paz e disfrutamos de momentos de agarimo e o pracer de crear xuntos. Pincha na foto e verás:
Na clase de música estades preparando a canción "Alas para Malala". Hoxe coñecechedes un pouco máis a súa historia. Podedes seguir véndoa nesta ligazón:
Malala nas Nacións Unidas
E podedes repasar a canción que ides cantar nesta outra:
"Alas para Malala".
Pronto estará preparada a nosa canción para o Día da Paz.
Na clase de música estades preparando a canción "Alas para Malala". Hoxe coñecechedes un pouco máis a súa historia. Podedes seguir véndoa nesta ligazón:
Malala nas Nacións Unidas
E podedes repasar a canción que ides cantar nesta outra:
"Alas para Malala".
Pronto estará preparada a nosa canción para o Día da Paz.
19 de enero de 2015
Ecosistemas: A intervención do ser humano
Para reflexionar sobre o que facemos os seres humanos sobre os ecosistemas que nos rodean podedes ver este corto:
"De donde vienen las cosas"
"De donde vienen las cosas"
16 de enero de 2015
La división
Unidad 6:
División
|
Web
interactivas
|
Jclic
|
División
exacta y división entera
|
||
Divide
decenas, centenas, millares y decenas de millar entre 10
|
|
|
Prueba de
la división
|
|
|
Divisiones
con ceros en el cociente
|
||
Divide
centenas y millares entre 100 y entre 1.000
|
|
|
Solución
de problemas
|
|
|
|
|
Tema 5 de matemáticas
Unidad 5:
Rectas y ángulos
|
Web
interactivas
|
Jclic
|
Recta,
semirrecta y segmento
|
||
Multiplica
dos números terminados en cero
|
|
|
Medida de
ángulos con el transportador
|
|
|
Clasificación
de ángulos
|
||
Multiplica
números de dos cifras por 2 y por 20
|
|
|
Solución
de problemas
|
|
|
|
|
14 de enero de 2015
Por fin no patio
Hoxe foi un día especial e moi emocionante. Por fin os rapaces e rapazas de cuarto puideron estrenar patio dos maiores e ademais patio cuberto. Parabéns. E por fin recuperamos o Plan Lector e as clase de Educación Física no patio. Canto o botamos de menos!
A partir de mañá xoves as entradas e saídas serán xa polo patio dos maiores.
A partir de mañá xoves as entradas e saídas serán xa polo patio dos maiores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)