30 de octubre de 2014

Samaín, o profe Miro, contos de medo ....

30 de outubro de 2014

Hoxe foi un día cheo de sorpresas.

Para ir preparando o Samaín fomos traendo unha chea de cabazas decoradas ao longo da semana. Esta so é unha pequena mostra, porque a maioría estiveron na porta principal do cole. Estas, estaban na entrada da nosa clase.
 A que quedaron moi bonitas?


















Á entrada do recreo recibimos a visita do profe Miro. Que alegría máis grande.







Díxonos que estabamos todos moi grandes e que volvería a finais de curso para comprobar que todos estudaramos moito.

Logo viñeron unha "bruxa" e un "cadaleito"  coa profe Paula e foron preguntando na clase "Treat or trick?" e agasallaban a cada quen segundo a resposta cun caramelo ou un chiflazo sorpresa.

 E xa para rematar levamos un SUSTO tremendo porque á saída esperábanos outra sorpresa inesperada. Para rematar os contos de medo que andabamos a redactar. Case nada!



No hay comentarios:

Publicar un comentario