30 de enero de 2015

Día da Paz

Hoxe, día 30, saímos ao patio dos maiores a celebrar o Día da Paz. Houbo moitas actuacións. Pasámolo moi ben. Todos actuaron, pero non sabiamos o nome dalgunhas cancións porque non se escoitaban moi ben e os que cantaban non tiñan o micro. Os de teatro fixeron unha obra moi bonita sobre o bosque animado. O que máis gracia nos dou foi cando cantaron o de "Chaguintón..." Tamén nos gustou un baile en roda dos profes, que parecían pistoleiros enfurecidos, pero que  se deron un abrazo ao final demostrando a PAZ. Nós, os nenos de 4ºA e 4ºB cantamos tres cancións. A primeira foi "Amor e Paz" que inventamos na clase xuntándonos todos para ter un resultado moi bo. A segunda foi a de "Peace on my fingers" que di que en todos nós reside a Paz. A terceira foi "Alas e Malala" que  cantamos entre todos os do colexio. Sentímonos moi unidos cantando xuntos.
 Autores: Salvador, Avril, Alexandra e Román

28 de enero de 2015

Exposición: Ecosistemas

Hoxe 28 de xaneiro os alumnos de 4ºB, fixemos un traballo sobre os "Ecosistemas". Presentamos unhas maquetas bonitas feitas con cartón, plastilina e materiais reutilizables.
Empezou o equipo Artistas cun ecosistema terrestre dunha charcha, probablemente da sabana porque tiña unha xirafa e un crocodilo, ademais de ras e caracois. Tiña pouco verde e moita terra. Tamén lle meteron miñocas!  E vivas!!! A algúns da clase entroulles o medo e escaparon. As miñocas tamén trataron de escapar do proxecto. 






O seguinte grupo, Dragóns Galácticos, fixo un ecosistema con montañas, unha bastante grande! Como o ser humano talou as árbores dese contorno, as árbores que puxemos eran moi pequenas, estaban medrando. Para facer as árbores tes que ter á man un cartón de ovos, corchos e tamén un pouco de silicona, para xuntar os dous materiais. Despois daslle un retoque de pintura ás dúas partes, pero mellor é que pintes primeiro o cartón porque senón éche moi difícil. O proxecto tiña un río que desembocaba no mar. Puxeron un crocodilo, un cervo, tres cabalos e unha mofeta. O crocodilo estaba coméndose un dos cabalos porque tiñamos que falar das relacións alimentarias (e porque o crocodilo tiña fame!). Démoslle unha sorpresa á profe porque fixemos a parte de abaixo da desembocadura, un ecosistema mariño con poucos peixes, pola contaminación (aínda que non debuxamos o lixo que había no fondo).



Os do equipo Mellores fixemos un traballo que nos levou dúas tardes. Fixemos dous ecosistemas terrestres  na beira dun lago; un deles estaba limpo e o outro estaba contaminado. Os materiais que usamos foron plastilina, cartón, papel, sobres, palliñas e un palillo. Fixemos tres cisnes moi bonitos, un sol, unhas nubes, un lobo, dous paxaros e dous corvos. Tamén había un home. No ecosistema limpo o home bañábase no lago. No ecosistema contaminado disparáballe a un paxaro. O pàxaro estaba morto enriba dunha rocha. No contaminado había unha pila, unha lavadora, tapas, xoguetes ... todo tirado!
Autores: Román e Miguel


O equipo Ouro fixo o ecosistema mariño. Quedamos na biblioteca municipal o venres. Fixemos moitos peixes. Os materiais foron os seguintes: papel de celofán, goma Eva , tubo de papel hixiénico, plastilina , metais , folios e cores. Fixemos peixes de goma Eva,  algas e moitas máis cousas mariñas.
O tubo de papel hixienico recubrímolo cunha cartolina de goma Eva de cor vede e fixemos uns churros verdes, logo colocámolos no tubo verde. 
Os seres vivos que habitan o ecosistema mariño que fixemos son os seguintes: peixes globo, cisnes, delfins, un tiburón, un cangrexo, un polbo, unha estrela de mar, berberichos, unha anguía eléctrica, cunchas, algas e miñocas. Alonso fixo un tesouro de plastilina con moedas de ouro.
Ao rematar o traballo, a nai de Aitana (Mari) comprounos a todos unhas chucherías riquísimas.Tamén nos deron bombetas e todos as queríamos facer reventar, aínda que unha non reventou.Pasámolo moi ben!
Autores: Aitana e Cristian


Equipo Violeta:










20 de enero de 2015

Preparando o Día da Paz: Malala

Preparando o día da Paz contamos cos nosos afillados de 1º. Xuntos creamos preciosas mensaxes de paz e disfrutamos de momentos de agarimo e o pracer de crear xuntos. Pincha na foto e verás:




Na clase de música estades preparando a canción "Alas para Malala". Hoxe coñecechedes un pouco máis a súa historia. Podedes seguir véndoa nesta ligazón:
Malala nas Nacións Unidas

E podedes repasar a canción que ides cantar nesta outra:
"Alas para Malala".

Pronto estará preparada a nosa canción para o Día da Paz.

19 de enero de 2015

16 de enero de 2015

La división

Unidad 6: División
Web interactivas
Jclic
División exacta y división entera
Divide decenas, centenas, millares y decenas de millar entre 10

Prueba de la división

Divisiones con ceros en el cociente
Divide centenas y millares entre 100 y entre 1.000

Solución de problemas



Tema 5 de matemáticas

Unidad 5: Rectas y ángulos
Web interactivas
Jclic
Recta, semirrecta y segmento
Multiplica dos números terminados en cero

Medida de ángulos con el transportador

Clasificación de ángulos
Multiplica números de dos cifras por 2 y por 20


Solución de problemas



14 de enero de 2015

Por fin no patio

Hoxe foi un día especial e moi emocionante. Por fin os rapaces e rapazas de cuarto puideron estrenar patio dos maiores e ademais patio cuberto. Parabéns. E por fin recuperamos o Plan Lector e as clase de Educación Física no patio. Canto o botamos de menos!
A partir de mañá xoves as entradas e saídas serán xa polo patio dos maiores.