30 de enero de 2015

Día da Paz

Hoxe, día 30, saímos ao patio dos maiores a celebrar o Día da Paz. Houbo moitas actuacións. Pasámolo moi ben. Todos actuaron, pero non sabiamos o nome dalgunhas cancións porque non se escoitaban moi ben e os que cantaban non tiñan o micro. Os de teatro fixeron unha obra moi bonita sobre o bosque animado. O que máis gracia nos dou foi cando cantaron o de "Chaguintón..." Tamén nos gustou un baile en roda dos profes, que parecían pistoleiros enfurecidos, pero que  se deron un abrazo ao final demostrando a PAZ. Nós, os nenos de 4ºA e 4ºB cantamos tres cancións. A primeira foi "Amor e Paz" que inventamos na clase xuntándonos todos para ter un resultado moi bo. A segunda foi a de "Peace on my fingers" que di que en todos nós reside a Paz. A terceira foi "Alas e Malala" que  cantamos entre todos os do colexio. Sentímonos moi unidos cantando xuntos.
 Autores: Salvador, Avril, Alexandra e Román

No hay comentarios:

Publicar un comentario