27 de marzo de 2015

Padriños Lectores

Hoxe estiveron con nós os nosos afillados e, como non, démoslle un precioso ovo de Pascua e un agasallo. E eles déronos outro!

25 de marzo de 2015

Preparando a excursión de 5º

A que lugar de Galicia poderíamos ir en 5º???
Os equipos de 4º B, coa colaboración das súas familias, estiveron preparando unhas propostas moi interesantes. Tanto, que vai ser ben difícil de decidir. E aínda non remataron todos de facer as súas exposicións.


O equipo Artistas propuxo   que foramos a Ourense . O que nos sorprendeu foi que tiñan un desconto de 2€  para cada neno!  Na sua ruta programada  iamos as termas. 
Autor: Román





Moitísimas grazas a todos por sorprenderme, por sorprendernos coa vosa imaxinación e creatividade, polo voso entusiasmo, polo interese por presentar un traballo ben feito, cada vez mellor, polo voso compromiso, pola unión que conseguides, pola colaboración entre todos, grandes e pequenos.
Familias, grazas porque estades aí e sodes un apoio impagable no traballo conxunto pola educación dos nosos nenos, nosos e vosos, porque neles está o futuro compartido da sociedade que queremos.
Róubanvos horas de sono e desvelos preparando os traballos e proxectos que logo nos sorprenden tanto.
Grazas.

12 de marzo de 2015

Mapas interactivos

Para que vaiades aprendendo e descubrindo canto sabedes xa!

Mapas interactivos


Experimentos en 4ºA

En 4º A tamén están presentando uns experimentos impresionantes. Déixannos coa boca aberta e ganas de máis. Empezando cunhas pinceladas:



3 de marzo de 2015

Experimentos coa materia, a luz, a enerxía

Pequenos científicos en acción.
Grazas, familias, polo apoio!

Os de 4º B fixeron uns experimentos alucinantes coa luz e enerxía.Todos os experimentos  son moi bonitos.
Os  do grupo Ouro fixeron  unhas lanternas moi expetaculares coa axuda dos pais. Sobre todo para conectar os cables . Os do equipo Soñadores  fixeron unha caixa para facer sobras. As suas sobras eran un sol, un circulo, un cadrado e un rectangulo. Tamén fixeron unha peonza  que xiraba de verdade.Os do equipo Mellores fixeron dous experimentos.O primeiro fixeron un reloxio  de sol. O  segundo foi un experimento da reflexión da luz. Os do equipo Dragóns Galácticos fixeron un volcán que  facia ¡PUUM!  E estaba relacionado coa enerxía termica e coas mesturas. Fixemos que a mesa da profe se mollarase que a profe Lucía limpara a mesa cunha fregona...

Autores: Laura e Dani