25 de marzo de 2015

Preparando a excursión de 5º

A que lugar de Galicia poderíamos ir en 5º???
Os equipos de 4º B, coa colaboración das súas familias, estiveron preparando unhas propostas moi interesantes. Tanto, que vai ser ben difícil de decidir. E aínda non remataron todos de facer as súas exposicións.


O equipo Artistas propuxo   que foramos a Ourense . O que nos sorprendeu foi que tiñan un desconto de 2€  para cada neno!  Na sua ruta programada  iamos as termas. 
Autor: Román





Moitísimas grazas a todos por sorprenderme, por sorprendernos coa vosa imaxinación e creatividade, polo voso entusiasmo, polo interese por presentar un traballo ben feito, cada vez mellor, polo voso compromiso, pola unión que conseguides, pola colaboración entre todos, grandes e pequenos.
Familias, grazas porque estades aí e sodes un apoio impagable no traballo conxunto pola educación dos nosos nenos, nosos e vosos, porque neles está o futuro compartido da sociedade que queremos.
Róubanvos horas de sono e desvelos preparando os traballos e proxectos que logo nos sorprenden tanto.
Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario