30 de outubro de 2014
Hoxe foi un día cheo de sorpresas.
Para ir preparando o Samaín fomos traendo unha chea de cabazas decoradas ao longo da semana. Esta so é unha pequena mostra, porque a maioría estiveron na porta principal do cole. Estas, estaban na entrada da nosa clase.
A que quedaron moi bonitas?
Á entrada do recreo recibimos a visita do profe Miro. Que alegría máis grande.
Díxonos que estabamos todos moi grandes e que volvería a finais de curso para comprobar que todos estudaramos moito.
Logo viñeron unha "bruxa" e un "cadaleito" coa profe Paula e foron preguntando na clase "Treat or trick?" e agasallaban a cada quen segundo a resposta cun caramelo ou un chiflazo sorpresa.
E xa para rematar levamos un SUSTO tremendo porque á saída esperábanos outra sorpresa inesperada. Para rematar os contos de medo que andabamos a redactar. Case nada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario