30 de abril de 2015

Festa dos maios

Os nenos e nenas de 1º fixeron un precioso maio que colocaron na entrada da biblioteca. Os alumnos e alumnas de 4ºB fomos visitalo e cantamos a canción "Aí ven o maio". Estiveron escoitándonos os alumnos/as de 2ºA. Aprendemos moitas palabras novas.

29 de abril de 2015

Xosé Luna no colexio Magariños

Hoxe coñecemos a Xosé Luna, o autor de "O libro dos bicos". oi un pracer compartir moito do seu saber facer. Mil bicos para el e as "cousiñas" que nos contou.

28 de abril de 2015

Mediadores

Hoxe presentáronse os mediadores que van axudarnos a resolver conflictos de forma pacífica durante os recreos nos meses de abril maio e xuño. Xa resolveron algún dos problemiñas que tiñamos en 4º B. Con todo, moito traballo lles queda por diante nos recreos, porque todos os conflictos deben ser solucionados dialogando, con respecto e sen usar a violencia. Ánimo rapaces e grazas pola vosa axuda.

24 de abril de 2015

Multiplicamos máis rápido

Temos que gañar en rapidez. Polo tanto conven practicar e cronometrar repasando as táboas a nosa habilidade.
Practicade con este xogo. Tratade de conseguir 12 acertos de 12 intentos en menos de 60 segundos con cada táboa. Ánimo.


"Árbore das emocións"

Hoxe 24 de Abril  de  2015  quedamos cos nosos afillados no corredor e gritamos !Árbore das  emocions! A actividade consistía en que poñiamos roupa nunha árbore pequena sen follas, coas polas baleiras. A roupa colgaba das ramas. Trouxemos pixamas, pantalóns, bufandas, xerseis, sudadeiras, portapatíns, bonecos, vestidos ... Cada neno contaba a emoción que sentía con esa roupa. Marycielo sentía amor cunha chaquetiña de cando veu de Perú a España. Raúl trouxo un pixama co que se sentía moi ilusionado porque era o pixama co que durmiu a noite de Nadal. María levou un vestido pequeno que lle recordaba de cando ía as festas.   A nós gustounos moito. Foi moi divertido. Estivemos cos nosos afillados rindo e gritando "Árbores das emocións".

Autores: Cristian, Román e Miguel      
                                                                                                                                                         

A estación metereolóxica




Empezamos hoxe a descubrir que pensou cada equipo para aprender cales son os elementos que compoñen unha estación metereolóxica, como funcionan e para que sirven. Os primeiros,  "Soñadores" deixáronnos moi sorprendidos e con ganas de saber máis. Aínda que non expuxeron todos  os equipos  deixaronos  pasmados.   Fixeron un traballo xenial. Faltan catro equipos .... Continuará  
Autores: Román, Miguel e Cristian










Presentan os "Mellores" un cataventos con forma  "frecha de Cupido" din...

O Equipo Mellores colleu un bote de "Nutella" e aburacoulle o centro da tapa. Puxeron un lapis (dos que levan goma) no buraco. Colleron unha agulla e unha palliña. Coa  agulla atravesaron a palliña polo medio e clavaron a agulla na goma do lapis. Cunha cartolina azul fixeron un corazón. Cunha verde fixeron a parte de atrás da frecha. E xa está o cataventos.  A que parece a frecha de Cupido.Despois collemos un lapis para a parte de atras da flecha de cupido cico linias verticales.
Autor: Miguel


O equipo " Mellores" usou os seguintes materiais :Cartolina,un boli,un cuter e botella.Os pasos foron os seguintes:Primeiro cortamos un rectángulo e cun boli fixemos 17 lineas. Despois, co cuter, cortamos a parte de arriba e  pegamos coa pistola de silicona a parte de arriba da botella para que entre ben a auga. O malo foi que se mollamos o papel do marcados, estropéase. Habería que plastificalo.
Autor: Miguel

Tocoulle por fin aos Dragóns que trouxeron un anemómetro moi curioso cunha táboa de conversión dos graos á velocidade do vento !!!
O equipo Dragóns está formado por Román, Daniuel, Érika  e J. Ramón. Fixeron un pluviómetro e un cataventos. Tamén fixeron os informes de como se facía cada aparato da estación metereolóxica co seu prologo, compoñentes do grupo, materiais, proceso, e funcionamento co debuxo dunha cunha de leite con auga. 



23 de abril de 2015

Día do Libro

Hoxe celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial. Os libros viñeron con nós ao patio no recreo. Foron os protagonistas e causaron sensación. Todo un éxito. Logo, no patio, fixemos unha pequena lectura escenificada do primeiro capítulo de "D. Quijote de la Mancha", obra central da literatura española da pluma maxistral de D. Miguel de Cervantes.

10 de abril de 2015

Visita Virtual polo Museo cos afillados

Hoxe, nós, os nenos e nenas de 4º B recibimos a visitas dos nosos afillados e afilladas. Vimos unha exposición virtual dun museo. Cando empezaba a presentación poñía o nome do Museo que era da Fundación Botín de  Santander. Cada un dos afillados púxose co seu padriño. Como había tres sillas atrás, algúns colléronas. A primeira obra que vimos foi unha moi curiosa que parecía un triángulo feito con cristal. Nótase que o creador o fixo moi ben e moi concentrado. A seguinte era como un xarrón xigante no que parecía que te podías meter dentro, semellaba un bo escondite. A continuación había un cadro rectangular tan grande como unha estantería. Era branco, pero tiña unhas pingas de aceite que cada día baixaban e baixaban polo lenzo. Unha das hipóteses que tivemos era que ao autor da obra  lle gustaba cociñar, outra hipótese era que simbolizaba "o peso da vida". Despois vimos unha sala de proxeccións, era unha habitación toda negra cunha pantalla enorme. Logo de andar un pouco (virtualmente) vimos unhas escaleiras que nos levaban á partede arriba. Alí había unha tea para pasar e moitos cadros. Gustounos moito a todos e a todas.
Invitámosvos a ver este Museo de maneira virtual na vosa casa facendo clic na seguinte palabra:

Autores: Román 4ºB) e Hugo  (1ºB)