Hoxe 24 de Abril de 2015 quedamos cos nosos afillados no corredor e gritamos !Árbore das emocions! A actividade consistía en que poñiamos roupa nunha árbore pequena sen follas, coas polas baleiras. A roupa colgaba das ramas. Trouxemos pixamas, pantalóns, bufandas, xerseis, sudadeiras, portapatíns, bonecos, vestidos ... Cada neno contaba a emoción que sentía con esa roupa. Marycielo sentía amor cunha chaquetiña de cando veu de Perú a España. Raúl trouxo un pixama co que se sentía moi ilusionado porque era o pixama co que durmiu a noite de Nadal. María levou un vestido pequeno que lle recordaba de cando ía as festas. A nós gustounos moito. Foi moi divertido. Estivemos cos nosos afillados rindo e gritando "Árbores das emocións".
Autores: Cristian, Román e Miguel
No hay comentarios:
Publicar un comentario