16 de junio de 2015

Practica coas provincias españolas

Provincias

Hoxe,día 16 de xuño estiven na miña clase facendo moitas cousas de provincias.Primeiro  a profe Rosa preguntounos a todos os da clase quen querría facer o exame das provincias e empecei eu.Cando rematei levantei a man e os do grupo Artistas fliparon porque dixeron que rematei moi deprisa.


Logo a profe díxome que fixera este texto e,naquí estou. Despois Sabela S. pediume o boli azul para facer o exame das Comunidades autónomas porque ela non o trouxo.Cando me devolveu o boli preguntoume se podía collelo outra vez porque dixo que o boli lle da boa sorte.


Díxome iso porque cando usou o meu boli para o outro exame,sacou un 10 e o que tiña que facer a continuación era o das 50 provincias. Non entendo por qué aos da miña clase,mellor dito a maioría,l les da tanto medo o exame das provincias,a min paréceme fácil,cando estudas,claro. Cando lle dixen a Raúl que o exame pareceume fácil, puxo unha cara de sorpresa que pareceu que vira a un zombie con tutú comendo sesos.


Cos ordenadores Abalar:


Ao principio de todo fomos a coller os ordenadores para logo usalos.

Fomos á clase de 5ºA para collelos,pero eu cría que Carla,Ricar e os demais nenos e nenas estarían alí cando íamos a coller os ordenadores e non estaban.


Estivemos practicando as provincias para o exame e Cristian axudoume a xogar. Ademais no xogo había 4 niveles para colocar as provincias e eran moi fáciles.

Paseino moi ben.


Autora: Aitana


No hay comentarios:

Publicar un comentario