5 de junio de 2015

Barosa

Esta semana fomos aos Muiños de Barosa e así o viviron os nosos rapaces.



Fomos no autobús cantando.
Nós chegamos alí con moitas ganas. Despois deixamos as mochilas e repartironos en 4 grupos.

Máis tarde estivemos vendo a fariña e o trigo. Tamén a tocamos.Era moi suuuave!


Cando acabamos fomos ao muiño e Kathia e Eloy moveron unha pedra de 700Kg.Tamén nós contaron unha historia.Queredes sabela? Contáronos que os mozos  e mozas  ían aos  muiños a moer o trigo. Mentres esperaban...sabedes que facían? Ligaban, coma a fariña ao trigo.


Cando acabamos fomos ao forno de pedra.Tamén nós ensinou uns utensilios.


Despois estivemos merendando magdalenas, galletas, chocolate quente...Enchémonos ata as orellas.
Para rematar fixemos pizzas,  trenzas, bolos...

Despois volvemos cun bolo por cabeza.
 
 Autor: Daniel

No hay comentarios:

Publicar un comentario