13 de febrero de 2015

A festa de Entroido e San Valentín cos afillados

Hoxe, día 13 de febreiro de 2015, os nenos e nenas do colexio Magariños celebramos o festival do Entroido.
Na terceira hora os nosos afillados de 1º A e B foron a clase dos seus padriños. Atiborráromonos de filloas, orellas, rosquillas e pasteis. Os de 4ºB fixeromos un Karaoke cos afillados, cantamos e rimos e pasámolo moi ben. Os de 4ºA estivemos bailando e xogando.(Logo démoslle as cartas de San Valentín,)



Despois do Plan Lector, cada clase fixo un disfraz diferente. Os de primeiro foron de fichas de parchís, e tamén de dados, e cantaron unha canción chamada "Parchís, chis, chis". Os de segundo foron de pallasos e fixeron trucos, malabares e cancións cos obxectos do pavillón que había nas clases de ximnasia. Os de terceiro foron vestidos de cómics e cantaron unha versión propia da canción de Enrique Iglesias:  "De noite e de día". Nós, os de cuarto, fomos de lapis. A montaxe do disfraz foi bastante sinxela. A unha bolsa de cor amarelo fixéromoslle os buracos para a cabeza e para os brazos. Puxémoslle varias cintas negras: dúas gordas e unha fraca. Despois fixemos a versión propia da canción "Inmortales" de Sweet California. Os de quinto A e B foron de Cupido, pero non quixeron disparar. O profe Alfonso foi do "Pequeno Nicolás" e colouse no medio dos cupidos facéndose fotos con eles, porque era parte da obra. Os nenos e nenas de sexto foron de sinais viais. Dábanos demasiados consellos. Tantos que xa non nos cabían na cabeza: Si nos sae a pelota á carretera non ir detrás dela porque senón nos atropellan. Ao final do festival o profe de ximnasia puxo a canción de Enrique Iglesia "De noite e de día" e todos bailamos ao tun tun. Algúns xogaron ao pilla pilla. Pasámolo moi ben.
Pinchade aquí e veredes!!!: Festival de Entroido


Autores: Alexandra, Alba, Avril e Román

No hay comentarios:

Publicar un comentario