20 de febrero de 2015

De cine co SPAD de Vilagarcía: O pequeno Nicolás

Hoxe, os nenos e nenas de 3º e 4º, fomos ver unha película titulada: "O pequeno Nicolás". Empezou todo facéndose unha foto. Na cámara víase a foto ao revés. Na pantalla víase ao pequeno Nicolás e á mestra que estaba escribindo na pizarra: "Redacción: Que queredes ser de maiores". O pequeno Nicolás non sabía que quería ser de maior.Un dos amigos de Nicolás ía ter un irmán e non lle gustaba nada. Notouno porque o pai, que sempre estaba enfurruñado coa nai, estaba portándose moi ben: sacaba a basura sin rechistar, ía pola compra, axudaba á nai a levantarse e cociñaba el soíño !!! E iso que nunca o facía.  Nicolás, que tamén veu ao seu pai moi amable, pensou que tamén ía ter un irmán e que o ían abandonar a el no bosque. Un ratiño despois Nicolás fundou unha banda para desfacerse do seu irmán. Reuníanse nun descampado.... Para entrar no descampado tiñan que dicir a contraseña: "Coraje indomable". Ao día seguinte Nicolás compropulle unha rosa á súa nai para que non o abandonase. A nai púxose moi contenta. Cando se foi a dormir díxolle: "Mañán imos ao bosque". Nicolás imaxinábase o conto de Pulgarcito, e polo tanto que o ían abandonar no bosque. Aquel día foron ao bosque e cando chegaron Nicolás cerrou a porta e non saíu do coche. Tiveron que ir para a casa. Logo a Nicolás ocurriuselle outra idea:  Chamar a un gánster para que ... (Continuará)
Autores: Salvador, Avril e Román

No hay comentarios:

Publicar un comentario