Empezamos hoxe a descubrir que pensou cada equipo para aprender cales son os elementos que compoñen unha estación metereolóxica, como funcionan e para que sirven. Os primeiros, "Soñadores" deixáronnos moi sorprendidos e con ganas de saber máis. Aínda que non expuxeron todos os equipos deixaronos pasmados. Fixeron un traballo xenial. Faltan catro equipos .... Continuará

Presentan os "Mellores" un cataventos con forma "frecha de Cupido" din...
O Equipo Mellores colleu un bote de "Nutella" e aburacoulle o centro da tapa. Puxeron un lapis (dos que levan goma) no buraco. Colleron unha agulla e unha palliña. Coa agulla atravesaron a palliña polo medio e clavaron a agulla na goma do lapis. Cunha cartolina azul fixeron un corazón. Cunha verde fixeron a parte de atrás da frecha. E xa está o cataventos. A que parece a frecha de Cupido.Despois collemos un lapis para a parte de atras da flecha de cupido cico linias verticales.
Autor: Miguel
O equipo " Mellores" usou os seguintes materiais :Cartolina,un boli,un cuter e botella.Os pasos foron os seguintes:Primeiro cortamos un rectángulo e cun boli fixemos 17 lineas. Despois, co cuter, cortamos a parte de arriba e pegamos coa pistola de silicona a parte de arriba da botella para que entre ben a auga. O malo foi que se mollamos o papel do marcados, estropéase. Habería que plastificalo.
Autor: Miguel
Tocoulle por fin aos Dragóns que trouxeron un anemómetro moi curioso cunha táboa de conversión dos graos á velocidade do vento !!!
O equipo Dragóns está formado por Román, Daniuel, Érika e J. Ramón. Fixeron un pluviómetro e un cataventos. Tamén fixeron os informes de como se facía cada aparato da estación metereolóxica co seu prologo, compoñentes do grupo, materiais, proceso, e funcionamento co debuxo dunha cunha de leite con auga.

No hay comentarios:
Publicar un comentario