10 de abril de 2015

Visita Virtual polo Museo cos afillados

Hoxe, nós, os nenos e nenas de 4º B recibimos a visitas dos nosos afillados e afilladas. Vimos unha exposición virtual dun museo. Cando empezaba a presentación poñía o nome do Museo que era da Fundación Botín de  Santander. Cada un dos afillados púxose co seu padriño. Como había tres sillas atrás, algúns colléronas. A primeira obra que vimos foi unha moi curiosa que parecía un triángulo feito con cristal. Nótase que o creador o fixo moi ben e moi concentrado. A seguinte era como un xarrón xigante no que parecía que te podías meter dentro, semellaba un bo escondite. A continuación había un cadro rectangular tan grande como unha estantería. Era branco, pero tiña unhas pingas de aceite que cada día baixaban e baixaban polo lenzo. Unha das hipóteses que tivemos era que ao autor da obra  lle gustaba cociñar, outra hipótese era que simbolizaba "o peso da vida". Despois vimos unha sala de proxeccións, era unha habitación toda negra cunha pantalla enorme. Logo de andar un pouco (virtualmente) vimos unhas escaleiras que nos levaban á partede arriba. Alí había unha tea para pasar e moitos cadros. Gustounos moito a todos e a todas.
Invitámosvos a ver este Museo de maneira virtual na vosa casa facendo clic na seguinte palabra:

Autores: Román 4ºB) e Hugo  (1ºB)

No hay comentarios:

Publicar un comentario