Non quedou atrás Érika, co seu traballo en cartolina na que nos falou das diferentes pontes que atravesan o Río Lérez; ou Laura que nos ofreceu varias panorámicas da cidade e fotografías doutras prazas como a de San José ou a da Leña. Pedro trouxonos o seu borrador sobre os lugares de maior interese en Pontevedra, Dani contounos que temos que visitar a Basílica de Santa María e por último María trouxonos un folleto turístico sobre a cidade que nos aclarou varios aspectos dos que estivemos a falar.
Moitas grazas a todos pola vosa investigación e o magnífico traballo que fixéchedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario