24 de noviembre de 2014

Violencia de xénero: "Maltrato sutil"

Hoxe estudamos a violencia de xéneno,  e como non facer o maltrato ás mulleres.
Fixemos unha especie de traballo:
Cada neno e nena da clase tiña un papel. Dani tiña un paraugas co que se defendía das bolas de papel que lle tirabamos.  O paraugas simbolizaba a protección da muller. Fixemos, co papel, unhas bolas que representaban os insultos, os puñetazos do home e as cousas malas que di a tele. Nós protexémonos cando ignoramos eses comentarios tan malos sobre nós, respondendo sen dicir nada malo, (porque senón somos nós os maltratadores), sendo nós mesmos con forza (ata que cheguen reforzos)... 


Vimos un vídeo que fala dunha nena á que trataban mal. Dicíanlle cousas como: "Tes que ser delgada para ser guapa, tes que ser máis alta, tes que por colorete, tes que por os vestidos,  tes que cambiar de cor o pelo...." Un neno gustáballe, poñíalle esas condicións, o neno maltratouna e a ela pareceulle normal!!!! E iso non é nada normal. http://youtu.be/0y9zJ5J2bWA

Despois ao rematar o vídeo puxémonos sentados  en círculo tocando os pes dos compañeiros/as.Tiñamos unha caixa moi envolta en papeis. Nalgúns papeis poñían insultos.Aos que lles tocaba un insulto tiñan que responder sen insultar e sen dicir cousas malas. Algúns eran:  "Ti nena, es moi parva",  "Eu non te quero", "Es tonto"... Lara respondeu "Eu non son parva, son Lara", eu  (Román) respondín "Eu xa pasín esa etapa, cambiei de vida, pasei páxina e estou buscando a alguén que me queira tal e como son". 
Ao final Sabela S. abriu o último  papel e había unha caixiña pequena que tiña caramelos de distintos sabores. Repartímolos e comímolos. 





Autores: Miguel e Román

No hay comentarios:

Publicar un comentario