Hoxe, como todos os mércores, a clase de 4ºB estivo na Biblioteca. Empezamos un novo tema en Coñecemento do Medio. Nada menos que o da Reprodución humana.

Despois das primeiras risas na aula descubrindo moitos dos sinónimos que se usan para falar do pene, a vaxina ou os testículos ... puidemos saír con moita seriedade á biblioteca.
Alí buscamos información sobre o aparato reproductor humano,
e o proceso da reprodución.
Investigamos moi seriamente...
E compartimos a información .-....
Seguiremos investigando
porque queremos saber moitas cousas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario