20 de noviembre de 2014

Un magosto especial

Como xa sabedes este ano non podemos facer o magosto como os anos anteriores:
O patio dos maiores está en obras.
No patio dos pequenos temos as árbores e a caldeira do gas e non se pode facer alí lume.

Así é que mañá venres, as clases de 4º,  imos celebrar un magosto especial no que entran en xogo todas as vosas ideas e ocurrencias relacionadas coas castañas.
Claro que podedes traer debuxos e xogos (algúns como o de Laura Paz son moi bonitos: "Un parchís con castañas", nada menos!!!), ou as castañas e Miguel, o xogador de Dani, o reloxio de Marycielo ...



Pero tamén podedes sorprendernos preparando algunhas das receitas de cociña coas que nos abríchedes boca a semana pasada, como os caramelos con crema de castañas de Inés ...

Se queredes darlle unha ollada e ver tamén as dos vosos compañeiros clicade na ligazón de abaixo:

Receitas con castañas de 4ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario